miércoles, 21 de septiembre de 2011

DIA MUNDIAL CONTRA O ALZHEIMER

Dado que hoxe é o dia mundial contra o alzheimer, data fixada pola OMS,penséi en incluír neste blog algunha información sobre esta enfermidade incurable hoxe en dia.
O seu descubridor foi Alois Alzheimer,un médico alemán a principios do século pasado, comezou escribindo os síntomas que presentaba unha Muller de 48 anos:
“”La enfermedad comienza insidiosa, con debilidad, dolores de cabeza, vértigos, e insomnio suave. Irritabilidad y pérdida severa de memoria. Los pacientes se quejan amargamente de sus síntomas. La enfermedad se asocia ocasionalmente a un ataque apoplégico repentino seguido por hemiplegia. La pérdida progresiva de memoria y de la mente aparece más adelante, con los cambios repentinos del humor(…)la enfermedad conduce al estupor y al comportamiento infantil. (Dr. Alois Alzheimer)””

 Anque suele darse mayormente en paciente de mais de 65 anos tamén se fala dun alzheimer prematuro, o promedio de vida dos pacientes xa que se trata dunha enfermidade dexenerativa que mina as funcions biológicas, é de 7 anos desde que se lle diagnostica a enfermidade que un 3% dos mesmos duplica ese tempo. Ë importante resaltar que estas persoas non falecen pola enfermidade senon polos danos colaterales da mesma,como úlceras por falta de movilidade. A causa desta enfermidade segue sendo descoñecida anque se asocia a placas seniles e ovillos neurofibrilares.

Tasas de incidencia de la EA
después de los 65 años de edad
27
Edad
Incidencia
(nuevos casos)
por cada mil
personas-edad
65–69
 3
70–74
 6
75–79
 9
80–84
23
85–89
40
90–  
69

Hai varias teorias sobre as causas pero parece que ningunha ofrece suficientes garantías, incluso unha relaciona esta enfermidade coa exposición ó aluminio como factor de risco.Tamén hai que citar o alto número de probabilidades de padecela cando hai antecedentes familiares.
Actualmente estase a probar unha vacuna preventiva en Austria onde se espera un periodo de 7 anos para ver posibles efectos adversos nas 48 persoas que a probaron.

martes, 13 de septiembre de 2011

EXPLOSIONS SOLARES

Nestas datas estanse a producir importantes explosións solares, que nos afectan en gran medida e ás que non se lle da demasiada repercusión mediática. En primeiro lugar débese evitar a exposición ó sol nos próximos días, tamén nos podemos atopar máis cansos, con zumbido de oídos, alta ou baixa presión, dor de cabeza, sono, náuseas, febre… Afectando principalmente ó sistema nervisoso central e a actividade cerebral.


Pero non só nos afectan a nós, tamén ó noso planeta, ocasionando terremotos, tornados,tormentas, erupcións volcánicas… As erupcións teñen un efecto inmediato sobre o clima.

As 4 da tarde do dia 8 deste mes produxose un gran apagon en EEUU e Mexico. (12 de Setembro: sismo de 6.5 nas illas Vanuatu;9 de setembro : sismo de 6.9 en Vancouver…)

Anque onde mais o estamos notando é nos aparatos electrónicos, teléfonos, Gps, móviles…
O 8 de setembro unha nave espacial (STEREO) detectou unha importante explosión que saíu da cara oculta do sol que por sorte non nos apuntou a nós senon a Mercurio. A Nasa fixo unha predicción de que a máxima actividade destas explosións se producirán no 2012 cun importante incremento dos seus efectos e intesidade.

miércoles, 7 de septiembre de 2011

MULLERES DA HISTORIA: MATA HARI

Margaretha Geertruida Zelle ou tamén coñecida como Mata Hari foi unha espía hindú coñecida polas súas artes de seducción xa que dominaba danzas exóticas e as empregaba xunto con amplas dotes de manipulación. Filla dun sombrereiro holandés sempre tlle gustou ser o centro de atención, recibíu unha educación selecta dende a súa infancia ata que seu pai caeu en bancarrota e súa nai morreu, momento no que foi trasladada xunto con seu irman a un orfanato onde tivo que lidiar contra o acoso do director. En 1895 respondeu a un anuncio dun oficial holandés que buscaba esposa,ela tiña 19 anos e él 39, tiveron unha filla e trasladáronse á India, o matrimonio comezou a ir mal cando perderon ó seu segundo fillo por culpa dunha coidadora desequilibrada que o envelenou. Volveron a Amsterdam onde o marido caeu no alcoholismo, ela decidíu abandonar a familia e marchar a Paris, dende ese momento non se soubo mais de MArgaretha como tal.


Fracasou como modelo e véndose na miseria optou por frecuentar refuxios de militares facendose pasar por bailarína oriental e creando ela mesma o mito de Mata Hari, cambiando incluso ata o seu acento ó tempo que engrosaba un currículo imaxinario. Non lle foi posible recuperar a filla a pesar de que o intentou e numerosas ocasións.

Sendo amante de Kraemer, cónsul e espía alemán durante a guerra do 14 ,éste suxeriulle sacar información ós franceses convertíndose así na axente H21… Anque a súa ambición a levou a xogar a dúas bandas. Cando o tema do espionaxe se empeza a esaxerar ambos bandos deciden poñela a proba de distintos xeitos ata que de regreso de España é detida en París e condenada a morte. Dise que os propios alemáns ó desconfiar dela e non serles útil urdiron un plan atribuíndolle mensaxes cifradas para que o propio inimigo as interceptara e a eliminase. FOi fusilada por un pelotón francés, ó parecer ía vestida de negro cun sombreiro de ala ancha e unas botas altas e despediuse coquetamente dos seus executores antes de recibir os 12 tiros o 15 de outubro de 1917. O seu corpo non foi enterrado, senon doado á ciencia como se facía cos axustizados, anque a cabeza permaneceu embalsamada no museo de criminales de Francia ata 1958 de onde foi roubada.

Anque se trata de unha muller que intentou sobrevivir no medio dunha guerra cruel, a información sobre ela segue sendo máis que nada unha lenda. Dise que as probas que a levaron a xuizo permanecerán en segredo polo menos 100 anos.

“prefiero ser la amante de un oficial pobre que de un banquero rico”


“una ramera ¡si!, pero una traidora jamás!”