jueves, 30 de junio de 2011

¿POR QUE SE CHAMA VIA LACTEA?

Pois o porqué do nome da nosa galaxia explícase como xa poderedes imaxinar dunha lenda mitolóxica, para non variar a liña dos contos que vos gustan..... É a galaxia na que nos atopamos,  unha masa barrada con mais de 1012 masas solares!
Claro que tamén recibe o nome de "Camiño de Santiago" en España, pola súa fácil localizacion no ceo que permite orientar hacia o norte ós peregrinos. Anque xa outras culturas se percataran que semellaba un camiño, os vikingos crían que ese camiño levaba a VAlhala destino da alma dos mortos; os celtas aseguraban que conducía ó castelo de Raíña das fadas.

Pois resulta que estaba a deusa Hera amamantando ó seu fillo e apareceu Hermes, silencioso, que queria mamar tamén, producíndose un forcexeo que acabou cun "chorro" de leite derramado, con tanta punteria que se desperdigou polo ceo creando así a nosa benquerida galaxia.

4 comentarios:

  1. Moi revelador descubrir que habitamos o producto dunha teta divina, jajajajaja.... non tiña nin a máis mínima idea, supoño que a pesares da evidencia do nome nunca quisen pensar que tivera algo que ver... XD

    ResponderEliminar
  2. nun chorro de leite para ser mais precisos...jajaja

    ResponderEliminar
  3. Moita gracia me fixo, non tiña nin idea!! Pero é certo, o nome non daba poucas pistas precisamente pero non me parara a ver se tiña algún tipo de relación. Cantas curiosidades estou descubrindo aquí ultimamente... gústame.

    ResponderEliminar
  4. que bo moita información nunca crin que ocorrera eso

    ResponderEliminar