Que sería de nós sen electricidade... Grazas a que en 1800 o señor Volta creou a primeira pila pódese dicir que cambiou o mundo, pois como a pila era moi cara pasouse á dínamo, e de ahí a iluminar as rúas non pasaran nin 100 anos.
O señor Tesla (croata) creou o primeiro motor de corrente alterna (entre outras cousas), que permitía transmitir a electricidade a grandes distancias, pero a que se empregaba no momento era a contínua, e xa se sabe que somos algo reacios ós cambios... O máximo expoñente desta última modalidade, a corrente contínua era Edison, sí, o da bombilla, que realmente non a creou pero perfeccionouna.(Como curiosidade citar que o filamento da bombilla non era de metal senon de bambú carbonizado...)
E como é típico do ser humano pasaronse a vida "pitirreando un co outro"e experimentando para ver quen tiña a razón. A parte de que Tesla tiña unha mellor formación e os seus descubrimentos amenazaban o monopolio de Edison, traballaran xuntos con anterioridade e seica non se levaban moi ben desde aquelas xa.
Surxe o que se denominou a "Guerra das Corrientes" entre diversas compañías que optaban por unha ou outra opción, a alterna de Tesla non precisaba xeneradores cada poucos metros coma ca contínua, ideou o sistema de transmisión por un único cable sen retorno e podía abastecer a un maior número de usuarios. Como podedes supoñer a "Guerra" gañouna Tesla, ideando a primeira central hidroeléctrica nas cataratas do Niágara; anque a penas nos sone o seu nome en comparación co de Edison, que sempre foi máis famoso e durante os anos 20 foi votado como o home máis influínte dos Estados Unidos. Dise que os métodos "comerciais" que empregaba o señor Edison eran un pouco sucios, difamación, mentiras, que a corriente alterna era mala para a saúde, que podía matar... Hai quen di que a criticaba tanto porque no fondo non era capaz de entendela...Ata chegou a inventar a silla eléctrica que empregaba corrente alterna para "demostrar" que esa corrente mataba....
Chan chan tatachán: Posibles futuras entregas sobre o tema: "o teslascopio"; "a morte de Tesla na miseria e por qué o FBI lle requisa toda a documentación dos seus inventos"....
Larga ausencia...
Hace 11 años





Anque a lenda di que en realidade non o asasinaron xa que os medos dominaban a maxia e realmente o que morrera fora un doble….sea como fora atentados destes sucedíanse cada dous por tres…poucos mais textos que os de Herodoto hai que nos describan algo desta sociedad, excepto coa chegada de Alejandro Magno que sí se nos fala dunha loita con Darío III na que este é derrotado e Media pasa a mans de Alejandro que á súa vez deixa a Parmenion encargado, pero nunhas revoltas contra os novos gobernantes linchárono, asique Alejandro tivo que executar a moitos dos insurrectos medos.

