
Ocorreu no 1963, uns bodegueiros de Rivadavia que elaboraban licor café e o exportaban ó resto de España e mesmo no extranxeiro sustituíron a augardente (que lles custaba 30 pesetas) por alcol metilico (que lles custaba 14 pesetas) sen saber que éste tiña unha alta toxicidade. Dise que centos de persoas faleceron por esta causa, padecendo graves dores, cegueira... Pero o fiscal que investigou o caso descubríu que en realidade foron milleiros de persoas anque nunca se sepan as cifras exactas dos afectados (xa que se comerciaizou desde Galicia a Canarias, Madrid, Cataluña, Andalucía, Melilla, Santander, Aragón, País Vasco, Sudamérica, Alemania, EE UU, Guinea Ecuatorial ou o Sáhara español.) o fiscal declarou sobre o tema: -" al ser gente del rural, había mucha que no se atrevía a decir que su pariente había muerto por beber alcohol, y por eso en muchos casos la vergüenza llevó a que permanecíesen para siempre en silencio”, explica. “Os velliños da aldea e os negriños de Guinea caeron como moscas”, contaba el fiscal Seoane....

Estase a rodar unha película sobre a historia e se publicaron numerosos libros. Recentemente tamén se falou da posibilidade de reabrir o caso polo ridículo que foi o xuízo, pero non está de todo claro se as probas que se poderían aportar agora cambiarian algo...