lunes, 14 de junio de 2010

OS GUERREIROS DE XIAN

Durante máis de 2.000 anos un poderoso exército de soldados de barro custodiaron a tumba secreta de Qin Shi Huangdi, o primero emperador de China que ascendeu ó trono en 247 a.C., ós 13 años de idade.26 Anos despois xa conquistara toda China fundando a dinastía Chin; tratou de unificalo país e tamén emprendeu a construcción da Gran Muralla para protexelos seus extensos dominios.
Ordenou que se fixeran mais de 7000 soldados de barro, a tamaño natural para que o custodiaran na outra vida… o capricho, equiparable ós dos faraóns, precisou duns 700000 traballadores, e o terreo que alberga a tumba mide uns 5 km. Chamaron ós mellores artesáns de toda China.. O corpo de cada figura consta de pernas macizas e torso hueco; a cabeza e as mans foron cocidas por separado e despois uníronse ós corpos mediante finas tiras de barro. Pintáronlles pantalons de cor azul marino, zapatos negros con agullas rojas, e túnicas verdes con botons dourados e cordons púrpura. Esculpiron con detalle ata as suelas dos zapatos, cinturóns… Os soldados estaban armados,espadas,arcos,flechas…Pero ó morrer o emperador desatouse unha revolución china, os rebeldes saquearon as tumbas e levaron as armas. Tamén se supón que trala morte se abandonaron as labores de construcción, que se pretendía seguir construíndo fosas e máis figuras…
Tódolos guerreiros descansaban sobre pedestales, sobre un chan embaldosado; foron colocados en formación de batalla con 600 cabalos de Oficial de infantería e 100 carros de combate tamaño natural. Ademáis engadir que cada figura é única, posiblemente retratos de soldados da época, con detalles realistas, barba, enrugas…
A tumba principal que contén os restos do emperador aínda non foi aberta,espérase topala intacta. Dise que se usou cobre fundido para revestila.
O historiador Sima Qian escribiu que a tumba contiña maravillas incríbles; teito de bronce salpicado de xemas como se foran estrelas; no chan ríos de mercurio que simbolizaban o río Amarillo y el río Azul. O emperador seica quixo que se construísen trampas no acceso e que se plantara moita vexetación para que parecese un monte de verdade.

Como en tódalas culturas, surxiron lendas macabras e maldicións…como que as concubinas do emperador eran estériles e foron enterradas con él, ou que os artesáns que decoraron a tumba foron emparedados vivos no seu interior para que non revelaran os seus segredos…

9 comentarios:

  1. tou algo histórica ultimamente....jaja quería facer un versus pero queda aplazado por motivos técnicos---espero que vos guste este artigo anque me quedou extenso coma sempre...
    espero os vosos comentarios...maria debe estar de vacacións...

    ResponderEliminar
  2. ¡¡¡Mensaxe captado!!! desechar El lenguaje de los sueños...

    Esta historia xa caera no meu coñecemento hai moito tempo, pero igualmente lle agradezo o haberma refrescado, incluso con todo luxo de detalles...

    Incluso estou recordando agora mesmo, haber ido ao cine con Maria e Miguel a ver a terceira parte de La Momia (unha merda por cero... para incluir nesa pequena lista de + arriba, xD) na que loitaban contra o emperador enterrado nese lugar e onde os miles de soldados ese cobraban vida (o dito unha merda, xD)

    Clara candidata a entrar nas pelis merdas vistas nos cines: Sky High: escuela de altos vuelos... e weno, con letras maiúsculas LUNA NUEVA, intragable!!!!

    ResponderEliminar
  3. luna nueva e variantes creo que vai ser moi nomeada...en pelis malas...jajaja... asi me gusta un comentario que abarque to!!!

    ResponderEliminar
  4. ¿¿Elogo ke ten El lenguaje de los sueños?? ¿de que vai? ¿que ten? eu non a vin... só pido que se explique para evitar ke bote a perder kase duas horas da miña entretida vida...xD

    ResponderEliminar
  5. sona interesante...o título,,,que debe estar mal traducido...porque en realidade debería ser diccionario de cama...si así como sona...resulta que vai de cando colonizaban a selva de quen sabe onde os ingleses, establecían as colonias e ensinabanlles relixión, idioma, etc ós nativos---- e éstes ofrecíanlles ós ingleses diccionarios de cama=mulleres para que aprenderan idiomas no catre...ahí e onde entra a tía esta cachonda que non me acorda o nome ensinando teta toda a peli...

    resumo:caca...non tten o suficiente contido pornográfico nin o suficiente argumento para que lle poida interesar a alguén...

    ResponderEliminar
  6. Outra benvida máis a nave do misterio!!! jajaja.

    A ver cando se organiza unha viaxe para ir ver estas cousas!!! XD

    Estas figuras son moi famosas e curiosas, hai documentais por ai deste tema.
    Gran historia.

    O dito unha viaxe para ir velos é obrigada. jajajaja.

    ResponderEliminar
  7. se paga vostede imos cando queira!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  8. Xa volvín de Cuba!!!
    Eu apuntome a viaxe, estas cousas encantaría velas ten que ser unha pasada... Tamén da que pensar porque a xente de antes moito lle daba a cabeza e moi bos artesáns eran, refirome a que tanto as pinturas como as edificacións ou estatuas que facían antes todo manualmente eran verdadeiras obras de arte, por no falar das pirámides que teñen que ser impactantes... Cando tocará a primitiva oh!!!!!
    Gustoume moito o tema coñecia datos pero outros non tiña nin a mais remota idea, non sabia que estaban pintados nin que non había dous iguais...
    Veña ide aforrando!!!!

    ResponderEliminar
  9. Coma sempre que me paso polos blogs aprendo algo novo, cousa de agradecer. O tema moi interesante, para non variar.

    É normal que se creen teorías sobre o que puido pasar pero ata que se investiga a fondo non se chega a coñecer con certeza, e aínda así... pero bueno, é a gracia que ten, o misterio que a todos nos chama a atención. Agora si, se abren a tumba e se descobre que nada do que se supuxo se corresponde coa realidade... pero bueno, para eso están as investigacións, para chegar a coñecer o que algún día foi presente.

    ResponderEliminar