A historia da interpretación dos soños data do 3000-4000 A.C. Dise que as persoas das sociedades primitivas eran incapaces de distinguir entre a realidade e os soños. Non solamente vían o mundo dos soños como unha extensión da realidade, se non que tamén para eles, o reino dos soños era un mundo máis poderoso.
Nas épocas grega e romana, os intérpretes dos soños acompañaban ós líderes militares na batalla, xa que os soños eran vistos coma mensaxes dos deuses.
En Exipto, os sacerdotes tamén actuaban como intérpretes de soños registrándoos en xeroglíficos. Na Biblia, hai cerca de 700 mencións de soños, aparecendo coma unha das formas nas que Deus transmitía a súa palabra.(no libro do Xénese, contase como "cayó sobre Abraham un sueño profundo y le envolvió una oscuridad terrorífica". Entonces, Dios le comunica a Abraham lo que ocurría con sus descendientes hasta la cuarta generación”
Os soños tamén tiñan calidad de proféticos, frecuentemente buscábase neles sinais de advertencia e consello. En ocasións os soños influíron nas accións de líderes políticos e militares, sobre todo na cultura grega e chinesa. Noutros casos os soños servían para seguir mantendo contacto con ancestros ou familiares que xa finaran.
No s.II o médico e adivino romano Artemidoro Daldiano escribiu unha obra titulada Oneirocrítica (interpretación dos soños). Esta obra é un catálogo de obxetos e sucesos que poden aparecer nos soños, dándolles significado; anque entende que hai que acudir a cada caso particular para facer unha boa interpretación.
A finais do s XVIII, os soños perderon importancia, sendo máis ben producto da ansiedade ou indigestión…ata que no s. XIX chega Freud revolucionando o estudio dos soños…

...TO BE CONTINUED...
Weeeeno, serei o primeiro logo....
ResponderEliminarOutra interesante leccion de historia por cortesia de Arredemo, intersante!! O feito de fiarse dos soños para (como vostede relata) as guerras e demáis decisións da vida diaria non sei, non me parecen moi lóxicas, jajajajjaja... pero é "normal" en épocas tan antigas e tan atrasadas (nalgunhas cousas) con respecto á nosa... non me parecen lóxicas, por poñer un exemplo, se son inutiles eu ke sei...os políticos, imaxinemos aos líderes mundiais ordeando a nosa vida e o noso mundo a través das ....... (espacio a rellenar) que soñaran.... unha hecatombe!!!
xD
P.D.: pois a min Deja Vu (creo recordar) tampouco me pareceu tanta cousa... unha película destas que parecen orixinais ata que vas a vela!! non me disgustou, pero creo que mais ben foi polo feito de que apareza Denzel Washington, que me gusta bastante...
Ala, termino con literatura que sei que lle gusta (traducción propia):
¿Qué é a vida? Un frenesí,
¿Qué é a vida? Unha ilusión,
unha sombra, unha ficción,
e o maior ben é pequeno,
que toda a vida é soño,
e os soños, soños son!
Por certo no meu blog tamen se poñen peliculas (e + cousas) que leo, vexo e escoito... ou tan mala sorte teño que non vedes, nin ledes, nin escoitades o que poño... ou sodes uns vagos!!
ResponderEliminarKedalle aqui este mensaxe para facer publicidade... e para recordarlle o ahínco (xD) co que eu contesto ás súas recomendacións de cada semana...
Só pretendía ser correspondido....
Interesante tema si! Centrouse bastante na historia pero supoño que as continuacións falaran mais sobre as interpretacións dos soños que son mais interesantes..
ResponderEliminarNa antigüedade tiñanlle medo a todo o descoñecido e relacionaban a maioria das cousas con deuses e con mitos polo que é a parte que menos me chama..
Eu particularmente non creo nada no mundo dos soños, igual é polas barrenaduras que soño casi todas as noites jejej.. Teño pa todos os gustos e colores e desde logo cousas imposibles que non teñen pe nin cabeza polo que desde logo non creo en nada de eso..
Pero é super interesante as interpretacións que se lle dan!!!
Gustame o artigo... Prosiga...
A min gústame o mundo dos soños, non son partidaria de que todo o que se soñe teña que ver coa vida dun... pero eu particularmente recordo algún soño/pesadelo que tiña que ver coa miña vida e que me "afectou" dalgunha ou outra maneira na miña vida. Explícome, que seguro que tamén vos pasou: soñar con algo (no meu caso era negativo) e despertarme chorando, o mesmo que estaba a facer no soño. Esto deixoume moi mal corpo pero despois entereime de que é "normal" que a veces se traspase a liña do real e do onírico.
ResponderEliminarO típico de que soa o despertador, estás soñando e non sabes distinguir se é parte do soño ou é de verdade. Esto xa me ten pasado algunha que outra vez. Pero de aí a que se tomen decisións tan importantes, como no caso das que poden tomar os políticos, baseándose nos soños... hai un abismo, paréceme unha irresponsabilidade.
De todas maneiras paréceme moi interesante a evolución do estudio neste ámbito, como nunhas épocas se lle dá tanta importancia... noutras quedan esquecidos... A min regaláronme algún que outro libro sobre a súa interpretación pero non lle dou maior importancia. Tamén hai recomendacións para lembrarte dos soños... a min gústame saber o que soño, pero non para darlle unha interpretación ou outra, simplemente porque me resulta curioso saber o que pasa pola miña cabeza mentras non son de todo consciente.
Moi interesante, con ganas da continuación...
Interesante.... O tema dos sonhos é un tema moi interesante, pois son curiosos.
ResponderEliminarEu case nunca me lembro do que sonho, salvo en contadas ocasións. Non me guiaría por sonhos para tomar decisións, posto que os sonhos sonhos son, pero si é verdade que un sonho pode convertirse en realidade.
Hai xente que se lembra de todo o que sonha. Iso quere dixir que os vive intensamente.
Interesante artigo, acordádevos de sonhar en branco e negro e non tenhades pesadelos, non vos castiguedes. jajajaja.
O próximo artigo debería ser dos seus sonos. jajajaja.
Sonhade co que máis queirades, ainda que iso non depende de vos. jajajja