Érase unha vez un home que naceu na Coruña no 1888 , era de boa familia,educación privilexiada e cun estatus conómico envidiado.
No 1936 faise co control do Banco Pastor, do que seu pai era socio, e financia parte da guerra civil española, polo que se fai moi amigo dun señor chamado Franco,o cal lle concede o títuo nobiliario de conde de Fenosa entre outras moitas distincións e regalos que se facían mutuamente. Co tempo aumenta ainda mais o seu poder económico, facéndose co control de importantes sectores galegos, tanto empresariais como turísticos. A empresa de Forzas eléctricas do Noroeste crease no 1943,sendo resultado de unha importante fusión con outra empresa de electricidade e de gas,propiedade de un empresario que foi fusilado por unha acusación falsa, anque non recibirá o nome de FENOSA ata 1982.
No 1966 cásase con unha muller 20 anos menor que él, Carmen Arias y Diaz de Rábago, coa que estaba emparentada, cando o conde morre en 1971 ela, como única herdeira, pasa a ser a primeira muller presidenta dun banco importante, mais da Fundación Conde Barrié, fundada pouco antes de falecer o conde así como de múltimples empresas.Por esas datas Carmen fai o seu testamento nomeando a esta fundación herdeira universal dos seus bens. Ata 1996, tivo un papel bastante activo nas empresas que presidía, colocou ós seu sobriños en postos importantes e colaborou coa Xunta de Galicia en diversos proxectos para impulsar proxectos empresariais galegos, no 96 dimite dos seus cargos, e no 2009 falece ós 89 anos de idade.
E diredes vós que a onde quero chegar con toda esta bibliografía...pois a verdade é que esperaba topar máis datos ou mais detalle da vida destes personaxes..
Todo esto veu á miña mente esta fin de semana cando visitei o noso embalse de Portodemouros,bastante afectado pola sequía que estamos a sufrir, está ó 26% da súa capacidade. Había mais de 15 anos que non o visitaba e xa non recordaba a súa magnitude. Coma na maioría dos embalses levou vivendas e moitas propiedades por diante,anque a sensación é que inundou aldeas enteiras...
O embalse foi construído en 1967 no río Ulla co fin de explotalo para obter enerxía. A súa construcción foi impulsada por Franco para satisfacer as os intereses do Conde de Fenosa. Ó parecer según contan os da zona, os afectados foron "invitados" pola guardia civil a abandonar as vivendas e as propiedades a cambio de catro duros.
Creo que a aldea mais sacrificada foi a de Brocos, solagando 3/4 da mesma, a igrexa, muiños,unha central anterior...ruínas que agora quedan á vista. Hai uns anos interrumpeuse o servicio de Ferry ó ir disinuíndo o nivel da auga, esperando os veciños que despois de 40 anos demandando unha ponte se realizara por fin...
E non vos podo contar máis!
A zona é moi bonita,se podedes visitádea!!