martes, 12 de abril de 2011

UN POUCO DE LITERATURA

Borrador do que versifica:
 Por Alicia Fernández Rodríguez

O borrador do que versifica existe sempre como esquizofrenia: a idea debe apuntarse de xeito veloz, instantáneo; é o poeta no momento da pseudo-inspiración un desequilibrado. A demencia poética consiste na desorde trastornada da(s) situación(s) xa vivida(s) ritmicamente. Os sentimentos e os propósitos enténdense radicais. A existencia de cores, frechas ou debuxos é practicábel na simplificación do escrito.
Deséxanse tantísimo as personaxes, aínda antes dos primeiros versos, que a intuición vólvese sexual. Son elas as que escollen os termos necesarios, as que elixen a literatura. Logo do remate e/ou resultado do poemario o apetito é enorme-inmenso-desmedido; a frustración ilimitada. Non só desorienta ao escritor o comportamento dos seres apócrifos, o máis tétrico é recoñecelos.
Para explicar o borrador é preciso un exemplo: mmm, argumento resumido:
— tipo e tipa: enténdense exclusivamente polo sexo (é marabilloso).
el fala quechua –sendo un dos poucos falantes na arxentina–, ela, podendo enconarse dunha pronuncia cursi, móllase toda coa entoación primitiva esa. non se aman, evidentemente (creo), e cada vez que el lle chama “puta” –sociedade moi machista, bla bla bla– “rupaq siki” ela pensa que lle di que a quere e desencáixase, cando por fin aprende a preguntar “quéresme?” no idioma do outro, xa coa ilusión dun “si” (putas comiñas) chega a decepción.
— máis ou menos 18 poemas, logo haberá unha especie de epístola- documentación, notas da autora, e despois as traducións: superíndices excesivos que teñen que ir ao final para que sexa posíbel unha segunda lectura:
rupaq siki, repite
(e ela traduce “quérote”);
rupaq siki, rupaq siki, rupaq siki.
eu non.
(primeira lectura: un guíase pola tradución dela e completa “eu non te quero”.
segunda: sábese xa o significado e finaliza “eu non son unha puta”).
— “escriben” ela, eu, el e os orfeóns (coro a e coro b), teñen un pseudoestilo e unha maneira de entender a historia diferente. é o lector quen debe tirar as deducións.
É o poeta no momento da pseudo-inspiración un desequilibrado. É o lector quen debe tirar as deducións.
O versificador é dirixido pola “súa” creación: é a invención a que se inventa.

                                    Infoxove número 7, novembro de 2006

8 comentarios:

  1. Mira que lle sacas partido ao Infoxove ese... que por certo, que ven sendo?? un xornal gratuíto lalinense?? algo polo estilo...

    Por certo, interesante artigo coma sempre... xD

    ResponderEliminar
  2. non, é unha publicación recopilatoria de xóvenes autores galegos coa biografía de cada ún máis unha reseña dalgunha das obras...Buscando inexistentes obras de Iago Mouriño foi que a topei e algún texto orixinal e interesante se saca ben...
    Do xornal gratuito lalinense teño sacado algo,cando o había que nos últimos anos coa crise debeu desaparecer!!
    que pasa que en silleda non tedes diso non?

    ResponderEliminar
  3. inexistentes obras via internet...me refería...que dito así parece q non ten...jajaja

    ResponderEliminar
  4. En Silleda o que temos é moito ladrón, aparte disto, pouca cousa destacable fan polo pobo.

    O artigo moi bo, ao principio pareceume un pouco lioso xa que non entendía ben de que ía. Xa digo que estou algo espesa e tíveno que ler un par de veces.

    ResponderEliminar
  5. Iago Mouriñomayo 22, 2011

    Inexistentes? What the frak (Saul Tigh dixit)?

    En primeiro lugar, quererás dicir inéditas.

    En segundo lugar, ola.

    En terceiro lugar, grazas (a ti por compartir os textos e aos demais por comentalos).

    En cuarto lugar, en serio? Chámaslle literatura ao que eu fago? (extreme mega big ego mode loading...)

    E en quinto lugar, se aínda segues a buscar textos inexistentes...

    (a que joden os finais abertos?)

    ResponderEliminar
  6. oooh que ilusión que alboroto!!! Iago mouriño pasou por este blog
    ...

    E que para estarmos na era dixital vaia por Deus que escasez de cousiñas túas en internet, anque che queiramos facer un club de fans na rede moita fame literaria iamos pasar...
    Ainda bo é da miña colección de recortes que senon...
    E sí, o de buscar textos inexistentes...é un traballo cansado jajaja...

    P.D: e digo eu se non terás un blog ou algunha modernidade destas onde te poidamos ler...que xa que estamos sería interesante...

    ResponderEliminar
  7. Iago Mouriñomayo 25, 2011

    Non teño blog. Dame máis pereza que botar unha partida de Polybius con gafas tresdé anaglíficas. Son máis de escribir e desperdigar. Non obstante, se máis adiante o fago, non dubides que seredes os primeiros en ser avisados.

    Por certo: recortes? Como eses tíos que saen nos documentais sobre psicópatas, que viven nun sótano escuro sen ventás, que pasan o día recortando fotos da mesma persoa unha e outra vez, colocando os recortes nun corcho mentres cantan "Estrellita dónde estás"?

    Me das miedo!

    Non obstante, se ti tés recortes imaxina eu. Todos os do Lalín e Comarca dende o primeiro e ademais en formato word. Copiar e pegar. Copiaaaaar e pegaaaaar!

    Pois iso. Se che int-

    (sendo sincero, os finais abertos joden, pero os abruptos nin che conto)

    ResponderEliminar
  8. raios!! os abruptos son peores si!!!jajaja ti téntame....

    si, fun desas psicópatas e pena non seguilo sendo a verdade...desas non, peores...que agora que me lembro vivín no mesmo piso ca ti (anos despois,se entende) pero a min non me criaban as palomas nas macetas... A que agora dou máis medo???

    Cambiando de tema, deberíaste animar a estes pasatempos blogueiros, pois se coa túa creatividade che da pereza, ós que somos suxeitos comúns con encefalograma creativo case plano nin che conto... Deberíalo consultar coa almofada... ;)

    ResponderEliminar