martes, 30 de marzo de 2010

EU TAMÉN QUERO UN VERSUS!!!!!!

Pero ímoslle dar unha nota de orixinalidade!!!!xa que formamos parte desa xeración televisiva e vos gustan tanto os versus...ahí van: Cancións do xabarín club!!!
O sistema de sempre, a que mais vos gusta de cada ronda e a favorita en xeral, incluso podedes engadir algunha que non incluín....

PRIMEIRA:





SEGUNDA:






TERCEIRA:





CUARTA:




miércoles, 17 de marzo de 2010

PERSEIDAS

Non vos queixaredes que últimamente satisfago as vosas suxerencias… Vouvos falar das Perseidas, anque non estemos na época axeitada do ano, posto que o ideal sería tratar este tema en xullo e podelas contemplar en Agosto…

¿Qué é unha estrela fugaz?
Outros prefiren o nome “meteoro”, e vén sendo o fenómeno luminoso que se observa cando unha partícula interplanetaria atravesa a nosa atmósfera. O obxeto que se consume durante el meteoro chámase “meteoroide” e se chegara a sobrevivir algún fragmento ata o seu impacto no chan (ou no mar, como suele pasar) sería un “meteorito”.

As perseidas ou Bágoas de San Lourenzo, (como se coñecen popularmente, debido a que o 10 de agosto é o día deste santo. Na idade Media e no Renacemento as Perseidas tiñan lugar na noite na que se lle recordaba, polo que se asociaron coas bágoas que verteu San Lourenzo ó ser queimado na fogueira) son estrelas fugaces que cada verán nos visitan, na primeira quincena do mes de Agosto é cando son máis visibles e numerosas.
Pero entrando no tema, en realidade trátase dunha choiva de meteoros de gran actividade ,pódense ver ata 200 nunha hora,(e iso que non é a maior, ocupa o terceiro posto, pero sí a máis observada no hemisferio norte, pola repercusión mediática dos últimos anos e porque transcurren no verán.
Son meteoros de velocidade alta (de 59 a 80km/s) que radian da constelación de Perseo .A súa alta declinación (+58º) non permite que se vexa en rexións austrais, xa que dende o ecuador alcanza tan só os 32º de altura.
Resulta que no 1862 os astrónomos Swift e Turttle descubriron un cometa ó que lle deron o mesmo nome, lévalle uns 120-130 anos dala volta ó sol, cada ano a Terra intercepta a órbita deste cometa nestas datas das Perseidas, polo que os meteoros son parículas sólidas que o cometa, polo efecto do calor solar deixa tras de sí.
A última vez que este cometa se víu dende o noso país foi no 1992 anque as primeras referencias a esta choiva de estrelas datan de fai uns 2.000 años e proveñen de oriente, donde alguns observadores chinos xa rexistraran o fenómeno. Sen embargo, ata o século XIX non se relacionou este fenómeno co cometa.