viernes, 30 de julio de 2010

ALGOL...A ESTRELA DO DEMO...


Conta unha lenda que a princesa Andrómeda estaba condenada a ser devorada por Cetus: o monstro mariño. Isto como consecuencia do castigo dos Deuses a súa nai Cassiopeia,que cometera sacrilexio ó desiganarse a máis fermosa das ninfas do mar
Finalmente non foi devorada xa que Perseu ó lombo de Pegaso chegou a tempo e ofreceulle á besta a cabeza de Medusa que él levaba nunha saca...en canto a fera a inxeríu converteuse en pedra.


Esta é outra das lendas que tamén se plasma nas constelacións e nas estrelas.Algol é a coñecida como estrela do demo,ou o de mo titilante; unha estrela de "Mala sorte" que sepode ver no outono;Bayer clasificou a Algol como a segunda estrela máis brilante de Perseus. anque no fondo estanos enganando,pois a súa luz non varía, xa que en realidade son 2 estrelas que se eclipsan entre si e que non se dan distinguido polo lonxe que se atopan.

jueves, 29 de julio de 2010

AVISO

na primeira quincena do próximo mes teran lugar as perseidas, o mellor espectaculo de estrelas fugaces que podemos ver dende a nosa locaclización xeográfica....despois dicide que non vos aviso con tempo!!!! para mais info releer o artigo sobre as mesmas

sábado, 17 de julio de 2010

ANTES Y DESPUÉS....

Non, non vou falar de Hamlet...nin de estrelas...nin vou engadir moita letra...e que se me deu por pensar que sería daqueles ídolos da nosa infancia....actores daquelas míticas series...e púxenme a indagar...si,case todos se quedaron naquela década...jajaja


E falando de series míticas é inevitable citar por exemplo o príncipe de Bel Air, do prota todos temos idea de que seguíu colleitando éxitos,e eso que xa debe ter os seus anos...

¿ pero que pasou con Carlton?
O corte de pelo é o mesmo pero duplicou a súa masa corporal…Pero non foi o único que cambiou…

A min encantabame a serie de “los problemas crecen”co guapísimo rapaz Michael de prota está algo rarote…
esta facía da irmá pero a verdade é que se conserva igual.


Padres Forzosos botábanos no plus en aberto polas tardiñas,foi a serie que deu a coñecer ás famosas xemelgas Olsen…moitos dos protas seguiron facendo series e películas, pero ó que facía de roquero chulito non se lle volveu ver o pelo,anque non se conserva mal, decidíu adicarse á producción de pelis…

as nenas fixeronse mulleres...
Anque esta igual se pasou un pouco coas prótesis...seica se adica a facer cine independiente...


Punky Brewster tamén tivera moito éxito Soleil Moon Frye seguíu no mundillo da interpretación saindo en series como Sabrina cosas de brujas...



Da amiga, Cherie Johnson saiu en series como Cosas de casa, papeis secundarios mentres seguiu sendo nena...

BLOSOM






SALVADOS POR LA CAMPANA



O prota Zack Norris


Kelly a cachonda...non sei a que se adicará pero todas as fotos que topei dela eran con pouco roupa...



Scrich ou como se escriba que era o pardillo que estaba sempre pintando na mona...



mmm e o cachas de carreira mais prolífica...estiven cotilleando e debe ser o tío que mais series televisión fixo

aaai omaaaa




















Aqui eu creo q o coñecemos por esta serie e pola dos polis en bicicleta...anque na biografia poñía que ata participou en Hanna Montana....


desta non me acorda nin o nome pero soname de pelis desas que poñen en antena tres os sábados...jajaja



SENSACIÓN DE VIVIR


quen non recorda esta serie!!!!de Tori Speeling pos igual sabedes vós mais jajaja...da que facía de Brenda pois sonaravos de Embrujadas pero seica non dura demasiado nas series porque é moi difícil de agunantar e moi caprichosa...

Brandon...a carreira de actor non lle deu para moito...












o guapo Dylan...que ía ó instituto con 30 anos...asique é o mais vello de todos...tampouco se lle volveu ver o pelo anque en internet aparece que seica fixo unha serie na que él era o prota....









este saiulle frustrada a carreira de actor e a de músico...que seica publicou un disco....pero agora está recien casado con Megan Fox...asique xa lle vale a pena ser un abueliño...jaja


E saíndonos do campo das series míticas hay grandes actores que cambiaron bastante, non precisamente pola edade, que tamén, senon por causa do bisturí


De Stallone topei fotos dos cambios na súa musculatura, pero preferin engadir a da cara namais, por se fería a sensibilidade dalguén…

jueves, 8 de julio de 2010

MITOLOXIA E ASTRONOMÍA: AS PLÉIADES

As Pléiades xa foron citadas en antigos rexistros chinos, exipcios, na Biblia e incluso se fala delas na Odisea de Homero entre outros... trátase de unha constelación en sí mesma nacida na via lactea , famosa pola nube de polvo interestelar azul que a rodea.

Os exipcios identificábana como a "Galiña e os poliños" ou os indios como "Os nenos de pedra";estes últimos contaban lendas como que cando a Terra se separou do ceo,7 estrelas quedaron no tobillo do Deus negro (a noite), e cando éste da un paso os nenos de pedra van subindo polas suas pernas, cadera...ata que no inverno as Pléiades situanse no máis alto da súa fronte (do ceo)e alí se quedan. E é que se moven, a unha velocidade de 150/300 km por segundo recorrendo a nosa galaxia...


Tamén se denominan as 7 irmás, as 7 doncelas, m45...Os gregos dicían que representaban a familia de Atlas e Pleione...resulta que Atlas era un guerreiro moi ocupado e non tiña tempo de atender á muller e ás fillas, asique foi castigado por Zeus a soster sobre os seus hombros a esfera celeste. Mentres Pleione e as fillas paseaban Orión o cazador viunas e namorouse delas (ata da nai), pero non foi correspondido, asi que as perseguíu insistentemente durante 7 anos, ata que Zeus oíu as plegarias das pobres raparigas e as convertíu en palomas e as elevou ós ceos colocandoas no medio das estrelas, de ahí que pleiades signifique "palomas al vuelo".Pero Orión tamen morreu e dise que aínda as persegue incansable polo ceo...

Como curiosidade miscelánea son os nomes derivados das Pleiades, coma o do gran coche Subaru que é a traducción ó xaponés do nome Pleiades, ou o nome feminino de Soraya, traducción ó persa.
Unha persoa corriente pero con boa visión pode distinguir nesta costelación as seguintes estrelas:
Tauri, Atlas, Electra, Maia, Pleione, Asterope...pero ollo non confundir coa osa menor. Cada un destes nomes ten unha historia mitolóxica e un significado, pero como non vos quero aburrir ímolo deixar aquí....