jueves, 26 de mayo de 2011

TESLA Vs EDISON

Que sería de nós sen electricidade... Grazas a que en 1800 o señor Volta creou a primeira pila pódese dicir que cambiou o mundo, pois como a pila era moi cara pasouse á dínamo, e de ahí a iluminar as rúas non pasaran nin 100 anos.
O señor Tesla (croata) creou o primeiro motor de corrente alterna (entre outras cousas), que permitía transmitir a electricidade a grandes distancias, pero a que se empregaba no momento era a contínua, e xa se sabe que somos algo reacios ós cambios... O máximo expoñente desta última modalidade, a corrente contínua era Edison, sí, o da bombilla, que realmente non a creou pero perfeccionouna.(Como curiosidade citar que o filamento da bombilla non era de metal senon de bambú carbonizado...)
E como é típico do ser humano pasaronse a vida "pitirreando un co outro"e experimentando para ver quen tiña a razón. A parte de que Tesla tiña unha mellor formación e os seus descubrimentos amenazaban o monopolio de Edison, traballaran xuntos con anterioridade e seica non se levaban moi ben desde aquelas xa.
Surxe o que se denominou a "Guerra das Corrientes" entre diversas compañías que optaban por unha ou outra opción, a alterna de Tesla non precisaba xeneradores cada poucos metros coma ca contínua, ideou o sistema de transmisión por un único cable sen retorno e podía abastecer a un maior número de usuarios. Como podedes supoñer a "Guerra" gañouna Tesla, ideando a primeira central hidroeléctrica nas cataratas do Niágara; anque a penas nos sone o seu nome en comparación co de Edison, que sempre foi máis famoso e durante os anos 20 foi votado como o home máis influínte dos Estados Unidos. Dise que os métodos "comerciais" que empregaba o señor Edison eran un pouco sucios, difamación, mentiras, que a corriente alterna era mala para a saúde, que podía matar... Hai quen di que a criticaba tanto porque no fondo non era capaz de entendela...Ata chegou a inventar a silla eléctrica que empregaba corrente alterna para "demostrar" que esa corrente mataba....


Chan chan tatachán: Posibles futuras entregas sobre o tema: "o teslascopio"; "a morte de Tesla na miseria e por qué o FBI lle requisa toda a documentación dos seus inventos"....

martes, 17 de mayo de 2011

UN POUCO DE LITERATURA

Mario regueira
Dos distintos xeitos de arrotar en público
Dentro do grande e inmenso mundo que compón a literatura sempre me resultaron rechamantes dous espécimes distintos de pedantes. O primeiro deles é o que é incapaz de escribir tres liñas sobre algo sen citar até os arrotos do chachi pensador posmoderno de moda ou o último superpoeta kosovar. Este prototipo de pedante caracterízase porque a miúdo pensa que é o único ser con ollos, e por tanto o único capacitado para ler, e aínda para interpretar o lido. Ás veces é difícil facerlle entender que non é que non valores os arrotos, senón que por unha simple cuestión de amor propio, prefires ocuparte dos teus, que ao cabo son parte da túa propia dixestión e non da dos demais.
De todos xeitos, peor tipo son os segundos, os que remiten a súa enorme pedantería, non ás súas lecturas, senón á súa presunta carencia delas. Nos últimos anos distintos autores veñen de reivindicar a súa ignorancia sobre o sistema literario no que están inseridos, e algúns mesmo sobre a literatura en xeral. Mesmo algún escritor de sona ten erguido ese feito como unha suposta distinción xeracional. Os novos non len, descoñecen o seu pasado literario e iso convérteos en seres liberados del e capaces de levar adiante unha renovación normalizadora que lles foi negada aos devanceiros.
Os ollos no mundo rapaces, alén desta provincia.
Creo que parte destes pedantes sono do peor xeito posíbel, aínda que tamén do que menos consecuencias graves pode traer ao sistema literario.Falo de pose intelectual. Sinxelamente é a aplicación, referida á literatura,do que un mestre meu chamaba “o autobús de Gregorio”. Gregorio era un compañeiro seu de clase ao que nunca se vira estudando máis que nos dez minutos de traxecto entre a súa casa e o colexio, tempo que parecía bastarlle par sacar as mellores notas da clase. Porque para a completa fascinación non chega co triunfo, senón que é necesaria unha completa carencia de esforzo. Facerse un lugar nun sistema literario sen coñecelo adscríbelle inmediatamente á obra un certo valor universal. Como na canción de Sinatra, se triunfou aquí pode facelo en calquera lado. Claro que existe o perigo doutra lectura, a de que o sistema literario galego traga con todo o que lle boten.
E despois arrota.
Porén, existe unha outra parte deses pedantes dos que non podemos dubidar que  efectivamente descoñecen toda literatura que os precedeu, e non só a máis vella, senón mesmo a de vinte anos a esta parte. É unha pedantería que esta chea dun perigo temerario, e que ninguén pense que falo de respeitar a nosa memoria étnica, ou os nosos benqueridos devanceiros literarios. É que tanto para idolatrar a alguén como para a máis honrosa actividade de botalo por terra é necesario coñecelo antes. Cando Manuel Antonio fai a súa renuncia aos grandes do Rexurdimento, entre eles a intocábel Rosalía, faino con coñecemento de causa, tras ler a súa obra e xulgar que xa estaba desfasada.
Pero non só por iso é perigosa a ignorancia. Descoñecer a determinados autores sería, de feito, o menos grave. A desmemoria ten o enorme risco engadido de que tamén leva a descoñecer a súas impugnacións. Podemos cuspir no retrato de Otero Pedrayo ou facer croquetas coa momia de Castelao e sentirnos os máis chachis do barrio, e todo sen saber que iso mesmo xa se fixo nos oitenta, e dun xeito bastante innovador, cousa que hoxe resultaría imposíbel. E claro, de aí veñen despois os revivals, as reinterpretacións e os pastiches. O peor é que, polo que parece, son inconscientes. E ao sistema literario, e dentro deste aos lectores, repítelles a comida, que outra vez son croquetas, e se cadra de aí veñan despois
os arrotos.

lunes, 9 de mayo de 2011

MEDIA

Hai escritos e restos arqueolóxicos que nos falan dun imperio descoñecido, situado no actual Irán, denominado Media. Moitos poñen en duda a existencia dos habitantes deste lugar polas poucas referencias que se teñen ó respeto. Suponse que viviron durante o  primeiro milenio, as fronteiras do territorio non están de todo claras e incluso o de denominar “medos” a obxetos  dudosos que moitas veces nin pertencen a esta cultura non axuda demasiado.
Os habitantes de Media estaban divididos en tribus e anque os persas dominaron a algunas delas nunca conseguiron dominalas a todos. Eran agricultores e grandes comerciantes, cousa que se vía moi favorecida pola situación xeográfica. Según os textos de Heródoto Media foi unificada por un rei chamado Deioces( 701-647 ac) e sucedérono uns cantos reis máis con batallas diversas para consquistar novos territorios, dise que a decadencia desta sociedade debeuse á crise económica polas multiples batallas, e se anexionaron ós persas, pois éstes tiñan grades infraestructuras que lles daban vantaxe e estaban en periodo de gran expansión.Os medos, pasaron así  a converterse nun imperio arquemédico,pero coma en moitas ocasións ó longo da historia, o rei deste novo imperio sufríu un atentado por Darío I e outros seis conspiradores, subindo Darío ó trono.  Anque a lenda di que en realidade non o asasinaron xa que os medos dominaban a maxia e realmente o que morrera fora un doble….sea como fora atentados destes sucedíanse cada dous por tres…poucos mais textos que os de Herodoto hai que nos describan algo desta sociedad, excepto coa chegada de Alejandro Magno que sí se nos fala dunha loita con Darío III na que este é derrotado e Media pasa a mans de Alejandro que á súa vez deixa a Parmenion encargado, pero nunhas revoltas contra os novos gobernantes linchárono, asique Alejandro tivo que executar a moitos dos insurrectos medos.
No século III infiltráronse desde o este de Media guerreiros parnos que acabaron conquistando Media… e a partir de ahí acabouse a historia meda, como tal.

martes, 3 de mayo de 2011

¿POR QUE BRILAN AS ESTRELAS?

¿De qué están formadas?
Pois as estrelas son alquimistas cósmicos que continuamente transmutan os seus elementos. Non sei ben que raios significa esta frase pero é tan técnica...e incluso roza o poético,jajaja. As estrelas xeran a súa propia enerxía debido as reacción nucleares do seu interior.
As estrelas coma o Sol son respondables de producir boa parte do carbono,nitróxeno e mailo Helio que hai polo espacio, as supernovas (explosións de estrelas,de efectos semellantes ós dun reactor: pode esnaquizar a estrela en cachiños,desaparecela completamente ou orixinar un burato negro) do ferro, cromo e manganeso e as estrelas masivas que naceron con máis de nove masas solares son as responsables do osíxeno,neón,azufre...
Vamos que nunha serie de procesos semellantes xéranse no Universo a maior parte dos elementos da táboa periódica, é moi curioso que sendo fenómenos tan "semellantes" orixinen tanta variedade de materiais.Sobre todo tendo en conta que nos primeiros minutos tras a explosión que deu lugar ó Universo (hai 13.700millóns de anos) só había hidróxeno e helio...
Asombroso...

martes, 26 de abril de 2011

MULLERES DA HISTORIA

ELEANOR ROOSEVELT

Diplomática, feminista, e inconformista,naceu o 11 de outubro de 1884; foi a esposa do presidente norteamericano Franklin D. Roosevelt e está considerada unha das mulleres máis influíntes do s.XX. Participuo na formaciónde numerosas institucións destacando entre elas as Nacións Unidas e a Casa da libertade (Freedom House).Foi esposa, nai, mandataria e unha defensora mundial da xustiza e a boa voluntad. Non era A típica muller famosa admirada pola súa beleza, considerábase a sí mesmoa coma unha muller simple, torpe e bastante tímida. Sen embargo usou a súa posición social en obras a favor do pobres, apoiou ó seu marido nas labores políticas para saír da Gran Depresión,ata que a súa vida chegou ó fin en 1962 deixando unha importante pegada no mundo,anque non se recoñeza o suficiente.

Tamén presidíu o comité de Dereitos Humanos da ONU e tivo un papel moi importante tras a segunda Guerra Mundial na aprobación da Declaración dos Dereitos Humanos en 1948, referíndose a ela en moitas ocasións como “A Carta magna da Humanidade”.
 "Una vez alguien me preguntó: ¿Qué consideraba como los tres requisitos más importantes para la felicidad? Mi respuesta fue: “El saber que has sido honesto contigo mismo y con los que te rodean; el saber que has hecho lo máximo que has podido en tu vida, y la habilidad de amar a otros"

Citas célebres famosas de Eleanor:

-EL FUTURO PERTENECE A QUIENES CREEN EN LA BELLEZA DE SUS SUEÑOS
-NO BASTA CON HABLAR DE PAZ.UNO DEBE CREER EN ELLA Y TRABAJAR PARA CONSEGUIRLA.
-NADIE PUEDE HACERNOS SENTIR INFERIORES SIN NUESTRO CONSENTIMIENTO.

martes, 12 de abril de 2011

UN POUCO DE LITERATURA

Borrador do que versifica:
 Por Alicia Fernández Rodríguez

O borrador do que versifica existe sempre como esquizofrenia: a idea debe apuntarse de xeito veloz, instantáneo; é o poeta no momento da pseudo-inspiración un desequilibrado. A demencia poética consiste na desorde trastornada da(s) situación(s) xa vivida(s) ritmicamente. Os sentimentos e os propósitos enténdense radicais. A existencia de cores, frechas ou debuxos é practicábel na simplificación do escrito.
Deséxanse tantísimo as personaxes, aínda antes dos primeiros versos, que a intuición vólvese sexual. Son elas as que escollen os termos necesarios, as que elixen a literatura. Logo do remate e/ou resultado do poemario o apetito é enorme-inmenso-desmedido; a frustración ilimitada. Non só desorienta ao escritor o comportamento dos seres apócrifos, o máis tétrico é recoñecelos.
Para explicar o borrador é preciso un exemplo: mmm, argumento resumido:
— tipo e tipa: enténdense exclusivamente polo sexo (é marabilloso).
el fala quechua –sendo un dos poucos falantes na arxentina–, ela, podendo enconarse dunha pronuncia cursi, móllase toda coa entoación primitiva esa. non se aman, evidentemente (creo), e cada vez que el lle chama “puta” –sociedade moi machista, bla bla bla– “rupaq siki” ela pensa que lle di que a quere e desencáixase, cando por fin aprende a preguntar “quéresme?” no idioma do outro, xa coa ilusión dun “si” (putas comiñas) chega a decepción.
— máis ou menos 18 poemas, logo haberá unha especie de epístola- documentación, notas da autora, e despois as traducións: superíndices excesivos que teñen que ir ao final para que sexa posíbel unha segunda lectura:
rupaq siki, repite
(e ela traduce “quérote”);
rupaq siki, rupaq siki, rupaq siki.
eu non.
(primeira lectura: un guíase pola tradución dela e completa “eu non te quero”.
segunda: sábese xa o significado e finaliza “eu non son unha puta”).
— “escriben” ela, eu, el e os orfeóns (coro a e coro b), teñen un pseudoestilo e unha maneira de entender a historia diferente. é o lector quen debe tirar as deducións.
É o poeta no momento da pseudo-inspiración un desequilibrado. É o lector quen debe tirar as deducións.
O versificador é dirixido pola “súa” creación: é a invención a que se inventa.

                                    Infoxove número 7, novembro de 2006

domingo, 3 de abril de 2011

ICONOS SEXUAIS DOS 90'

Vendo un programa sobre este tema foi que me inspirei… o primeiro problema que me topei foi o de limitar o tema ós 90 nada máis…é fácil pasarnos á actualidade ou xa a principios do século XXI, pero pareceume interesante a década dos 90 porque foi a propia dos iconos sexuais, unha década fascinante na que a ciruxía estética estaba á orde do día e os cachiboys eran éxito seguro para a esfera televisiva…
Empezando polos mitiquísimos podemos citar a Madonna que debe ser icono sexual de todas as épocas a pouco máis… George CLooney  sexsimbol de amas de casa debido ó papel médico guapo en Urxencias, e como non  a mitiquísima serie exitosa por excelencia dos 90 Sensación de Vivir que deu iconos a barrer, ó igual que Melrose Place, destes exemplos citar: Luke Perry (que as ligaba a todas na serie e era o centro de atención, tío melancólico que coqueteaba coas drogas... anque o certo e que por idade xa non colaba moito, supoño que o atractivo maiormente  era o parecido con James Dean no seu estilo)Heather Lockheart (Amanda) mala malísima, víbora seductora pola que non pasan os anos grazas ó visturí… non se lle resistía ninguén e foi a que mais durou no reparto de Melrose Place.


E falando de series tamén  Will Smith que pasou do adolescente graciosillo dos 80 a facerse un home e ponerse cachas así como currarse un nome como actor de cine con varios rexistros.
Eu creo que esta década foi a comercial por excelencia, ou polo menos na que se empezou o culto á imaxe personal .
Leonardo Dicaprio que despois de deambular por numerosas series conseguíu o éxito como actor grazas a Titanic, máis por cara bonita quizáis que polas dotes interpretativas que gastaba de aquelas… Brad Pitt , consagrado con(Telma e louise e o Club de la lucha)outro rubiales con gran encanto que non precisa a verdade de bisturí ningún para conservarse ben.
E xunto con Johnny Depp demostran que o papel de malotes tanto en escena coma fóra dela suele conducir a un éxito seguro, alimentando o mito de que nos gustan os malotes…que pode ser…anque non por norma, acaso os tíos non vos gustan as nenas de apariencia inocente pero á vez… traviesas??




Exemplos: Brithney Spears no videoclip de Baby one more time, Sarah Michelle Gellar en Buffy =tontita pero guerrera: Jennifer love hewit…












A Mónica Bellucci, o éxito veulle da man da publicidade e das pasarelas ata que nos noventa lle deu por probar sorte no cine, maiormment os seus filmes son do 2000 para adiante pero como a fama lle veu nesta década incluímola aquí tamén para regocijo do señor da Xe.

Lenny Kravitz, poeta e rockeiro de Mirada desafiante…co tempo creo que foi perdendo tal esencia. Sería desde que cortou as rastas aquelas e se lle deu por facer música máis blanda. Bo corpo segue tendo , pero encanto menos.
O tio de aquel que facía de superman tamén estaba citado, pois era o primeiro modelo en interpretar ó superhéroe e o que mellor enchía o traxe...
Anque a min sempre me tivo pinta de malo inflado, sería polas pelis domingueras posteriores... 
Creo que é indiscutible que o icono sexual feminino é Pamela Anderson, correndo polas praias con aquel bañador vermello que a ninguna lle quedaba tan ben coma a ela… Cantos desexarían ser rescatados por ela! Era a personificación da Barbie pero con máis tetas, ata se dicía que a decadencia da serie se debeu á súa ausencia...

Pero  OLLO!!! que en España tamén tivemos un sexsimbol recoñecido internacionalmente como tal: Antonio Banderas, do que ó parecer ata é suxerente o nome: José…Antonio… Dominguez?...Banderas… "Desperado", e a peli do Zorro creo que foron as que o catapultaron a tal posición. Non deixaba a ninguna muller indiferente, españolas ou extranxeiras…
 


E é que as escenas subidas de tono tamén suelen triunfar, como no caso dos videoclips de Janet Jackson non foi considerada mito erótico-musical ata esta década con videos explícitos acompañados de bailes novedosos e suxerentes que sentaron precedente no mundo da danza. Home fea non era pero a ciruxía non lle facía falta...  

Sharon Stone e o cruce de pernas máis famoso do cine (ou mais ben descruce) tamén merece unha posición neste artigo, anque a súa traxectoria profesional abarque para a súa sorte varias décadas.
 Tampouco podemos obviar que os 90 foron dos grupillos pop como os BAckstreet boys , Spice girls, n´sync, e semellantes que con maior ou menor relevancia tratábase mais ben de xente guapa que encaixara nos roles xuvenís ca de cantar propiamente.



E xa que estamos con musas de cine e escenas famosas…pois como non Denise RIchards protagonista me imaxino que de varias películas pero todos a recordaremos por  Juegos Salvages con alguna que outra escena mítica subidiña de tono... Da igual de rubia, morena...  
No ámbito do deporte desta década había personaxes relevantes,Anna Paula Mancino xogadora de voleibol brasileira guapa que decidiu cambiar o depote pola publicidade.
Fabio Cannavaro tamén aparecía pola rede como personaxe futbolístico sexy predilecto...







As modelos dos 90 son as que empezaron a recoñecerse polo propio nome, ¿a que non recordades nomes de modelos relevantes antes desta década? Elle macpherson creo que demostrou que non todas as mulleres nacemos iguais, e que hai modelos que non son estacas. Claudia Schiffer, Naomi Campbell, Cindy Crawford...

¿CON CALES COINCIDIDES E CALES ENGADIRÍADES???