el fala quechua –sendo un dos poucos falantes na arxentina–, ela, podendo enconarse dunha pronuncia cursi, móllase toda coa entoación primitiva esa. non se aman, evidentemente (creo), e cada vez que el lle chama “puta” –sociedade moi machista, bla bla bla– “rupaq siki” ela pensa que lle di que a quere e desencáixase, cando por fin aprende a preguntar “quéresme?” no idioma do outro, xa coa ilusión dun “si” (putas comiñas) chega a decepción.martes, 12 de abril de 2011
UN POUCO DE LITERATURA
el fala quechua –sendo un dos poucos falantes na arxentina–, ela, podendo enconarse dunha pronuncia cursi, móllase toda coa entoación primitiva esa. non se aman, evidentemente (creo), e cada vez que el lle chama “puta” –sociedade moi machista, bla bla bla– “rupaq siki” ela pensa que lle di que a quere e desencáixase, cando por fin aprende a preguntar “quéresme?” no idioma do outro, xa coa ilusión dun “si” (putas comiñas) chega a decepción.domingo, 3 de abril de 2011
ICONOS SEXUAIS DOS 90'
Empezando polos mitiquísimos podemos citar a Madonna que debe ser icono sexual de todas as épocas a pouco máis… George CLooney sexsimbol de amas de casa debido ó papel médico guapo en Urxencias, e como non a mitiquísima serie exitosa por excelencia dos 90 Sensación de Vivir que deu iconos a barrer, ó igual que Melrose Place, destes exemplos citar: Luke Perry (que as ligaba a todas na serie e era o centro de atención, tío melancólico que coqueteaba coas drogas...
anque o certo e que por idade xa non colaba moito, supoño que o atractivo maiormente era o parecido con James Dean no seu estilo)Heather Lockheart (Amanda) mala malísima, víbora seductora pola que non pasan os anos grazas ó visturí… non se lle resistía ninguén e foi a que mais durou no reparto de Melrose Place.
Leonardo Dicaprio que despois de deambular por numerosas series conseguíu o éxito como actor grazas a Titanic, máis por cara bonita quizáis que polas dotes interpretativas que gastaba de aquelas… Brad Pitt , consagrado con(Telma e louise e o Club de la lucha)outro rubiales con gran encanto que non precisa a verdade de bisturí ningún para conservarse ben.
que pode ser…anque non por norma, acaso os tíos non vos gustan as nenas de apariencia inocente pero á vez… traviesas?? Exemplos: Brithney Spears no videoclip de Baby one more time, Sarah Michelle Gellar en Buffy =tontita pero guerrera: Jennifer love hewit…

Creo que é indiscutible que o icono sexual feminino é Pamela Anderson, correndo polas praias con aquel bañador vermello que a ninguna lle quedaba tan ben coma a ela… Cantos desexarían ser rescatados por ela! Era a personificación da Barbie pero con máis tetas, ata se dicía que a decadencia da serie se debeu á súa ausencia...
Tampouco podemos obviar que os 90 foron dos grupillos pop como os BAckstreet boys , Spice girls, n´sync, e semellantes que con maior ou menor relevancia tratábase mais ben de xente guapa que encaixara nos roles xuvenís ca de cantar propiamente.
No ámbito do deporte desta década había personaxes relevantes,Anna Paula Mancino xogadora de voleibol brasileira guapa que decidiu cambiar o depote pola publicidade.
Fabio Cannavaro tamén aparecía pola rede como personaxe futbolístico sexy predilecto...
As modelos dos 90 son as que empezaron a recoñecerse polo propio nome, ¿a que non recordades nomes de modelos relevantes antes desta década? Elle macpherson creo que demostrou que non todas as mulleres nacemos iguais, e que hai modelos que non son estacas. Claudia Schiffer, Naomi Campbell, Cindy Crawford...¿CON CALES COINCIDIDES E CALES ENGADIRÍADES???
domingo, 27 de marzo de 2011
UN POUCO DE LITERATURA
Cabe na túa gorxa? Por Xosé M. Eyré
Se non vas moi cego pódelo ler: menos subvencións militares, e máis birras nos bares. E cousas polo estilo. Hai paredes que berran así polo noso país adiante. Adiante, berra, rapaz, ti con esa parede indignada porque te afixeron a calar.
Calar non cales, hai que berrar moito para que te escoiten, tamén para sentirse libre. Libre para? Para cambiar coche, para cambiar de look, para alugar un dvd que mate o tempo, para ir ao fútbol, para facer zapping, para comprar máis barato, para ter teléfono móbil, para xogar videoxogos, para comer hamburguesas, para beber cocacola, para coller lotaría, para ir ao cinema morteamericano, para non ir á misa, para esquecer, para mocear, para deixar a moza, para marchar da casa, para casar, para ir ao paro, para a hipoteca, para o condón, para divorciarte, para presumir, para ignorar, para mentir, para morrer, para ir á guerra, para participar nunha ong, para odiar, para tatuarte, para cagarte, para envexar, para que te manipulen, para non producir máis leite, para non pescar máis peixe, para emigrar, para seleccionar banco, para abrirte ou quedar no sofá, para emocionarte, para aburrirte,
para emborracharte, para cantar e bailar, para copiar, par latar, para chegar tarde, para fumar, para perder, para ter segredos, para raparte a cero, para deixar guedellas, para escoller hipermercado, para botar por fóra, para deprimirte, para ser egocéntrico, para ser hipócrita, para pecar, para que te estafen, para desfasar, para ir á praia, para comer cos dedos, para botar peidos, para seducir, para namorarte, para entrar, para saír, para desprezar aos demais, para operar o nariz, para soñar, para practicar nudismo, para tirarte das pontes, para matar paxaros, para derrapar na moto, para chatear, para non probar o caldo, para cambiar de nome, para levar minisaia, para non escoitar, para facer a mona, para rirte de todo, para cruzar a rúa, para saír do armario, para ir de putas, para putear a quen queiras, para obedecer, para pasar de todo.
Que grande é a liberdade, meu! Porque ti es libre. Es libre? Es libre?
Infoxove número 11, marzo de 2007
sábado, 26 de marzo de 2011
O TESOURO NAZI
puxeronse mans á obra e foron rexistrar aquelas instalacións... e oe, non estaban mal encamiñados pois toparon o depósito máis rico ata o momento, múltiples covas e túneles nos que agocharon entre outras cousas mil millons de marcos en máis de 500 bolsas, case 9000 lingotes de ouro, moedas de ouro de diversos países, e milleiros de diamantes e pezas dentais de ouro procedentes dos xudíos dos campos de concentración... pois Himmler tiña o sistema organizado cuns "controladores" nos campos de concentración que se adicaban a "recuperar" estes bens dos xudíos e tamén os inventariaban. E antes da exterminación propiamente dita nas cámaras de gas e outras variantes, as víctimas eran sometidas a un reconocemento médico onde lles colocaban unha marca na fronte se posuían pezas dentais valiosas.
En los primeros días de noviembre de 1944 se reúne en un informe global los inventarios de los tres primeros trimetres del año; las existencias en el almacén eran las siguientes: 65.000 relojes de bolsillo, 110.000 relojes de pulsera, 60.000 plumas estilográficas y lapiceros, 800 despertadores, millares de tijeras, instrumental quirúrgico requisado en casa de médicos pertenecientes a la resistencia o judíos, máquinas de afeitar eléctricas, etc.De 1941 hasta finales de 1944, la lihrmacherkommando entregó diariamente al Cuartel General de Himmler unos 180 relojes ya reparados, es decir, alrededor de 60 000 relojes por año, que en cuatro años son 240.000. A finales de 1944, las reservas de la Inspección eran todavía de 150.000 relojes. Si se toma como base la apreciación de Winkels, según la cual sólo el veinte por ciento de los relojes tomados a los deportados son defectuosos, se calcula que el número de relojes en buen estado sería cuatro veces mayor."
sábado, 19 de marzo de 2011
FENÓMENO LUNAR
xa se apreciaba nestes días pero será esta noite cando o noso satélite fique pretiño da Terra, sobre as 12 da noite estará a 356.000km de nós, e aproveitando que teremos unha noite despexada espero que a poidades contemplar. Como sabedes a órbita lunar é elíptica chamándose apoxeo e perixeo ós seus extremos máis lonxano e ó máis preto respectivamente, por iso se dá este fenómeno.
Anque sí se sostén que cando a Lúa e o Sol están aliñados hai unha maior actividade sísmica, volcánica, tectónica...polas tensións que xeran, non deixa de ser unha teoría.lunes, 14 de marzo de 2011
UN POUCO DE LITERATURA
Peaxe
por María Lado
O último sol desaparecía dourado no retrovisor, entre o fume das chemineas minúsculas da cidade. se non lle tivesen roubado a radio cando menos álvaro podería poñer música para non escoitarse maldicindo ó cabrón do seu xefe. nin ese clinclin de obxectos amontoados no asento traseiro que o atormentaba. agora a álvaro gustaríalle ter un enxeño coma o dos coches que lle limpase as bágoas. pero mellor así. seguro que poñían cancións tristes que lle recordaban a helena. e parecería aínda máis imbécil.
mellor iría pola autopista. porque ameazaba con chover e o ceo tan gris... e pararía na cabina catro da peaxe para pendurarse da mirada doce da rapaza dos martes. álvaro pensaba que o seu sorriso podería botar o mundo a andar se este se detivese. sen dúbida a calefacción estaba demasiado alta e álvaro suaba cando baixou o vidro. diríalle á rapaza doce dos martes que namorara do nome da cor dos seus ollos. que o día gris precisaba o seu sorriso coma un bálsamo. diríallo moi baixiño, para que sorrise, se ela non fora despedida aquela mesma tarde antes de rematar a súa quenda. sen dúbida a calefacción estaba demasiado alta e álvaro demasiado canso cando comezou a chover no km. 17 palidecera, si, pero o sorriso da rapaza do martes pegáraselle nos beizos.
Infoxove número 2, xuño de 2006
martes, 8 de marzo de 2011
ANTROPOLÓXICAMENTE DISTINTOS...
O dimorfismo sexual é un fenómeno que provoca que nunha mesma especie aparezan dúas anatomías distintas, unha para o macho e outra para a femia. No caso humano esta diferencia era máis notoria no Homo hábilis, rudolfensis… a femia tiña unha estructura ósea de inferiores dimensións.
Esto tamén motivaba que as funcións destes suxeitos tamén fosen distintas desde os primeiros tempos. Anque segue habendo diferencias na actulidade, non só óseas, dedimensións…tamen en que os homes posúen un 10 % máis de hemoglobina no sangue e maior capacidade anaerobia que lles permite maior capacidade respiratoria e por exemplo correr máis…
“ Pois como os cuadrúpedos se xuntan
Moitos son da opinión que os esposos
Deben facelo, porque de este modo
Poden as partes recibir o seme
Reclinando o peito e levantando o lombo.
Non convén que fagan as esposas
Movementos lascivos, porque impiden
Quedar a muller embarazada
Cando cos seus meneos das nádegas
A venus do varón estorba inqueda
E dá ondadas co tenro peito”
(Lucrecio: De rerum natura. Libro iV. 99 a.C-55 a.C.poeta e filósofo))

O sexo tiña como fin primordial a reproducción que ligado á “selección natural” proporcionou respostas sociais e sexuais para manternos no planeta ou para sustituirnos cando non nos adaptamos… Pero tanto no ámbito primate coma no resto dos mamíferos existe unha gran variedade de conductas sexuais. Coa chegada da razón, é o noso cerebro o encargado de marcar as estratexias e os tempos das nosas relación sexuais… Seguindo coas diferencias, podemos dicir que os nenos e as nenas desde pequenos reciben os mesmos “estímulos sexuais” nos seus cerebros, cableados de forma diferente. As mulleres adoitamos lembrar máis detalles dos acontecementos emocionais. Unha zona da área preóptice do núcleo do hipotálamo é maior nos machos, mentres que o córtex frontal é maior nas mulleres polo que poden controlar mellor as emocións….
Estas diferenzas biolóxicas hai que entendelas como complementarias e non xustificacións das nosas relacións.!!!!
“O sexo é consustancial ó proceso evolutivo e ó desenvolvemento das interaccións naturais dos mamíferos. En tódolos mamíferos existe un cortexo previo á cópula.”
Como vivimos nunha sociedade globalizada cunha profunda informatización de productos e servizos surxe o tema do sexo virtual… Os antropólogos planteanse se imos cara a banalización ou estamos ante o sexo do futuro… Estase a levar a cabo unha nova dimensión das relacións humanas…o sexo virtual acabará por eliminar a psicoloxía da realidade?
(artigo sacado do último volume da Festa da Palabra Silenciada referente ó Libro de Carbonell e ás súas conclusións tras diversos achados en Atapuerca)










