sábado, 9 de octubre de 2010

UN POUCO DE LITERATURA

AO REVÉS (II PARTE)

Hai un país onde hai crises contínuas que só lles afectan ós pobres. Hai un país onde estudiar non é garantía de aprobar unas oposición. Hai un país onde partidos demócratas defenden postulados totalitarios. Hai un país onde as tres cuartas partes dos enquisados din ver documentais por televisión, mentres que os audímetros din que a telerealidade e o famoseo barato son a opción do noventa por cento das familias. O cal quere dicir que nos avergoñamos de ser tan imbéciles e manipulables pero no fondo non facemos nada por evitalo.
Hai un país onde defendela propia identidade, a historia, a cultura e o idioma é un perigo nacional, mentres que detruílos é un acto de patriotismo. Hai un país onde reclamar una débeda histórica está malvisto por parte dos posibles beneficiados. Hai un país onde as campañas electorais gastan máis en publicistas que en politólogos e os partidos renovan con máis frecuencia a sú imaxe que as súas ideas.

Hai un país onde nas festas patronais a virxe ou o santo de turno só entra na igrexa cos compases dun himno extranxeiro (como se á figura de cera e madeira lle importase en absoluto o que se lle toque). Hai un país onde os relixiosos van a misa tódolos domingos e de luns a sábado extorsionan ós seu smepregados. Hai un país onde as conciencias son tan fáciles de lavar coma os cartos. Hai un país onde ao avance cultural se lle obriga a camiñar o mais lento posible pa a que as empresas poidan mellorar as súas tecnoloxías antes de deslocalizarse.

FIN TEÓRICO
(A partires de aquí pode reiniciala súa mente e seguir sorrindo. Creo que dan un especial de Lola Flores en Antena 3. A que agarda?. Acenda a televisión dunha puta vez!)

AS LÍNEAS DE NAZCA

A 450 km de Lima atópase o deserto de Nazca ,supoño que se alguén oiu falar das líneas de Nazca (Patrimonio cultural da Unesco)no primeiro que pensa son nas imaxes de animais que aparecen nos libros, arañas formigas o cachalote…pero hai mais ca iso…
Estamos falando de debuxos lineales visibles dende o ceo ,algún cunha lonxitude superior a un km realizados nas ladeiras, na area, nos cumes das monrañas aplanados, a mais e 600 metros de altitude e nunha extensión de 500m cuadrados…Houbo quen as intentou reproducir sen éxito, pois semellantes líneas rectas nesa orografía hoxe en dia sería imposible realizals sen os aparatos tecnolóxicos dos que disfrutamos.
¿Para qué son?¿quen as fixo? A data é incerta a pesares de se descubrir no século XV..Moitos intentaron dar explicacións ás liñas…que eran camiños, rutas relixiosas…Hay pouco unha alemana publicou que se trataban dun mapa do ceo, ou un horóscopo… Non falta a teoría dos extraterrestres, xa que semellan ofrendas dos humanos dirixidas ós ollos divinos, e tratase de figuras antropomórficas con grandes ollos e raras proporcións, algúns en actitude amenazante…outros son cabezas con longos tentáculos, cabezas ovoides….os pelos ou antenas simbolizan a luz que irradiarían…
A explicación máis lóxica sería a das ofrendas.
Desta cultura tamén se conservan bastante cerámica e petroglifos. O máis sorprendente é que se tratan de debuxos de antigüidade remota a antes de Cristo, que perduran no tempo moi ben definidos, apesares que no século pasado a tormenta que o “Neno” trouxo consigo provocou grandes choivas torrenciais, que non borraron as líneas senon que destaparon outras máis antigas…

sábado, 2 de octubre de 2010

UN POUCO DE LITERATURA:

AO REVÉS

Por Iago Mouriño

Hai un país dado a volta, revirado coma o bimbio duha cesta. Hai un país onde os políticos van ós enterros e os familiares quedan fóra da igrexa. Hai un país onde os terroristas queren dialogar e os gobernantes non os escoitan. Hai un país onde os que apoian ás familias prohíben os matrimonios e os cregos opinan sobre relación sexuais. Un país onde sae máis cara a viaxe dun ministro que a de sesenta e catro militares dun exército que leva armas automáticas para misións humanitarias.

Hai un país con tantos cartos que está habitado por pobres. Hai un país onde ós mariñeiros se lles pagou por non pescar e ós inspectores das súas respectivas ramas (tributaria, sanitaria, educativa) reciben apoios salariales por non inspeccionar. Hai un país que nas enquisas está á cabeza do consumo de coca e no último posto en educación (non é Noruega é exactamente o contrario).

Hai un país onde os que fan as estradas esixen que se lles vote. Hai un país onde se subvenciona a fricción ociosa de testículos cos cartos que lle sacan ós traballadores. Hai un país onde se pide o “si” para constitucións contradictorias que a ninguén se lle explican ( e non vai só pola segunda). Hai un país onde os que defenden o dereito á vivenda digna (ou carísima ou diminuta) viven en mansións. Hai un país onde as novas xeracións son reaccionarias e as xuventudes intransixentes.

Hai un país onde a cultura é cara e a vanalidade está a disposición pública. Hai un país onde a burocracia deseña os sistemas de denuncia para ir contra o denunciante. Hai un país onde o ignorante more de fartura e o culto de fame. Hai un país onde a educación pública só está ao alcance dos ricos. Hai un país onde os que máis infraccións cometen son os que menos multas pagan e os que máis rouban e os que menos tempo pasan no cárcere.

…

VIDEO DO MES: Cómo estropear unha canción...

as versions están a veces moi ben...só hai que consultar os artigos do señor da Xe e do da Z para comprobalo e topar de todo...
Pero o caso que presento...non hai por onde collelo...o vídeo case que é o de menos...¡¡¡pobre canción!!! se non me engano creo que ten detractores no Facebook que esixen que se prohíba como mínimo....jajaja

Vídeo orixinal:



Video desastre:




(non o topei ca imaxe de ppitingo...sintoo polos fans...)

jueves, 23 de septiembre de 2010

¿¿¿O CRÁNEO DE HITLER??....

En 1993 descubreuse que a antiga Unión soviética conservaban doumenteos secretos e restos do suposto cráneo de Hitler. A historia dinos que se suicidou xunto coa súa muller pegandose un tiro despois de inxerir cianuro, para evitar a profanación dos cadáveres Hitler deixou ordenado a un dos seus oficiais que se queimaran os corpos, e ó parecer a alguén se lle ocorreu a feliz idea de preservar un anaco do cráneo como trofeo macabro.

No 2009 saiu a luz que en realidade o anaco óseo pertence a unha muller, posiblemente a Eva Braun. (¿que raio fixo a ciencia ata entón?)
Este feito provoca que surxan teorías sobre que o fuhrer non se suicidou e nin sequera morreu, fora famoso un libro que investigaba e pretendía probar que o dictador fuxira en avión facendo escala en diversos países europeos, ata chegar a Barcelona onde colleu un barco(ou submariño) que o levaría ata Arxnetina e se instalaría na Patagonia ata a súa morte,varios testigos afirmaban habelo topado. Incluso parece haber documentos dos servicios secretos americanos que afirman a chegada de Hitler ó porto e o seu desembarque.

Volvendo ó cráneo, exposto por primeira vez no 2000 en Moscú, dise que pode ser de Eva pero en realidade non hai indicios sufientes de tal afirmación, o ADN non ofrece un perfil completo. Seica se conserva tamén o sofá no que se suicidaron coas pertinentes manchas de sangue, que sí son de un home pero non se poden contrastar coas de Hitler, e iso que se investigou que a familia do dictador maiormente cambio o apelido ou se trasladaron a EEUU onde inda subsiste o apelido ¿pq non as comparan?¿por qué se tardou tanto en descubrir que ese cráneo non é del? Non se supón que nos 70 a KGB incinerou os restos do matrimonio topado no búnker que ata entón custiodiaron para investigar…¿olvidáronse a caso dese anaco de cráneo? ¿por qué había que exhumalos,estaba a caso a ciencia evolucionando demasiado?

En canto as fotografías do suposto cadáver, era resabido que o dictador contaba cuns cantos dobles, polos supostos abtentados que sufría ou podía sufrir…de feito a fotografía mostra un tiro na fronte, cousa imposible co suicidio segundo a traxectoria e a posición do mesmo. Os rusos declararon haber descuberto en numerosas ocasións cadáveres coas características físicas del.
O certo é que o fuhrer era un home bastante meticuloso nas súas operacións “políticas”, sería de esperar que deixase probas falsas da súa suposta morte en Berlín e fuxise… esto pensan varios autores, incluso o mesmo Stalin investigara o tema e chegara a esta conclusión. O almirante Dönitz foi interrogado numerosas veces polos norteamericanos sobre a onde levara á Hitler. Incluso os aliados llo preguntaron, pois durante a guerra declarou: (traducción fiel): "La flota alemana de submarinos está orgullosa de haber construido para el Führer, en otra parte del mundo, un Shangri-La, una fortaleza inexpugnable”
Jimmy Byrnes, secretario de estado norteamericano no seu libros , escribe: "Cuando estaba en Potsdam en la reunión entre americanos, británicos, rusos y franceses, Stalin dejó su silla para brindar conmigo, cuando le pregunté sobre su teoría acerca de la muerte de Hitler". Stalin dijo: "No está muerto: seguro que escapó a España o Argentina".
Dise que no avión viaxaban a pare de Hitler o xeneral Müller e a súa familia( man dereita do dictador, principal dirixente da Xestapo e o organizador de tal fuxida) tamén levaban informes médicos,dentais...propios e dos principais oficiais.

Estou certa de que fuxíu e de que nunca se saberá a verdade,igul que non se saben os verdadeiros resultados das investigacións da CIA e da KGB... supoño que haberá demasiados países implicados... Hai que valorar que se de verdade fuxíu... ¡que ben o fixo o tío!

lunes, 20 de septiembre de 2010

UN POUCO DE LITERATURA


XARDIÑEIRO DE VENUS
GONZÁLEZ BEARISA

Perdido nos encantados apousentos do teu corpo procuro as sensacións que me percorren desde a túa ribeira. Bebo nese misterioso encanto de intensa comunicación que nos achega ó breve paraíso do sono mol, onde se recrean as formas dos meus soños. Nese inmenso e variado xardín de Venus que permite o milagre das mil flores,debe estar a esperanza da salvación humana, onde todo o mal se esfache contra a nada ,onde poidamos presumir de ideoloxía empapada en zume infernal.
Quero ser xardiñeiro de Venus para perderme nos milenios sen que se note a miña presencia e poder compartir contigo ese vicio que sempre tivemos.

Procurarei o silencio das miradas para poder camiñar sen descanso pola nosa senda de roseiras que fan illas na túa planicie,que fan berces, e montículos, e bosque de desexo revertendo ata os meus sentidos, para seguir camiñando en línea desafiante que nos permita fenderlle o medo ós gorilas e poder conversar por milleiros de horas para sentirnos verdadeiros deuses fuxidos do mundo cara a maxia e o encantamento dese noso xardín de Venus.

domingo, 19 de septiembre de 2010

VIDEO DO MES

Ale...xa nn vos poño videos traumatizantes...ahora van calentorros jajaja...Megan Fox pa diante...