jueves, 16 de septiembre de 2010

O ASASINATO DE MÍA

Mía Zapata era unha rapaza que como tantas outras sentíuse tremendamente influenciada pola Xeración X, e se temos en conta que se mudou para buscar a fama a Seattle, cuna do grunge e punk, que era coetánea os Nirvana e que era a vocalista dun emerxente grupo chamado The Gits temos tódolos datos importantes desta historia.
Resulta que Mía, con 27 a nos, estaba a colleitar grandes éxitos co seu grupo, era unha vocalista xenial cunha voz rasgada que se comparaba nas críticas coa de Janis Jopplin, ademáis de dalo todo no escenario con esas letras inconformistas.
No 1992 publican o primeiro disco “Frenching the Bully” e as xiras e o éxito non tardaron en sucederse, incluso por países europeos.
O 7 de Xullo de 1993 cando volvía dun concerto foi atacada, violada e asesinada. A morte foi consecuencia do estrangulamento ó que a someteron, pero os forenses recoñeceron que houbera falecido igual dada a magnitude das lesións. O caso archivouse, as probas non eran esclarecedoras, os medios de investigación non estaban tan desarroiados coma na actualidade e o feito de ser unha cantante de incipiente éxito non facilitaba as investigacións. Unha década máis tarde (2002) cando xa existían as bases de datos de ADN e grazas a que se gardaron as mostras atopadas no corpo de Mía, o ordenador identificou cmo asasino a un pescador de Miami, reincidente por múltiples delitos, que residira por aquelas datas en Seattle. Xesús Mezquia foi condenado no 2004 a 37 anos de cárcere.

Ë curioso, a súa vida rematou coa violencia que denunciaba nas suas letras,a opresión machista, a emancipación da muller… de ahí que se a relacione cos movementos das riot grrrl, punk e feminista, anque non estivera relacionada directamente con eles. Pero todo servíu para algo, a baterista da banda 7 Years Bitch creou “Home Alive” unha organización adicada a ensinar ás mulleres defensa persoal. (dise que the Gits foron a mayor influencia de 7Years bitch ou The Distillers).No 1996 publicouse un disco titulado “Home alive- The art of self Defense” para xuntar fondos e avivalo recordo, incluíronse cancións de Pearl Jam, Nirvana, Soundgarden,Foo Fighters, Presidents Of The USA, 7 Year Bitch, The Gits, Supersuckers, Los Hornets, The Posies, Joan Jett, Lydia Lunch, Jello Biafra, entre outros. Todos grupos de Seattle. No 2005 realizouse unha película sobre a vida de Mía, que haberá que ver. Os demais mmbors do grupo publicaron algún album conmemorativo con temas inéditos de estudio.

martes, 14 de septiembre de 2010

domingo, 12 de septiembre de 2010

¿DE COMPRAS?

Nesta ocasión vou realizar unha reflexión sobre ese coñazo chamado “teletenda”. Sí, refírome a eses absurdos anuncios que non só aparecen nas canles adicadas a tal fin, se non que dependendo da franxa horaria invaden calquera.
Empezar polos que venden aparatos de fitnes ou ximnásticos; que a pesar de todos son os máis útiles ó meu parecer de tódolos productos, porque polo menos serven para facer ejercicio, dunha maneira ou doutra, anque che vendan un tio cachas que con 5minutos de vibración nos abdominais obtén o mesmo resultado que se fixese 400 abdominais por minuto (esta é unha frase textual).
Outra clase de productos son os cosméticos, antiarrugas, anticelulíticos, hidratantes, reafirmantes…Hai de todo, pero parece que hai unha certa competición por a ver quen saca unha crema feita do mais raro. Por todos é coñecido que as cremas son feitas de grasas animais, humanas…pois se iso non fora suficiente tamén de baba de caracol….oe, que os pobres caracois están hidratadísimos, por esa regra de tres a muller que a use ¡tamén debería estalo! Hainas de mel, aceite de oliva, algas,aloe vera, químicos de nome impronunciable, ácidos e vitaminas varias…e….¡¡¡de veleno de cobra!!!uf, non sei que atractivo pode ter, pero como se poñan de moda non van dar feito a muxir cobras…

Por último falar dos productos que máis me gustan, os absurdos. Por poñer un exemplo que sae moito na sexta o audífono MSA 9000, “un audífono discreto que amplía os sons ata 9000 veces,¡Basta xa de vivir en silencio!”; e sae un señor de mediana idade escoitando os cotilleos dunhas mulleres a uns metros, indo a un restaurante no que escoita perfectamente o menú do día… “é tan discreto que ninguén saberá que é un audífono porque semella un aparato de mans libres”…¡señores pero quen vai comprar semellante cacharro colgado nunha orella! Non sei se os publicitas o saben, pero os audífonos suelen ser os que van dentro da orella ou por detrás da mesma e de cor disimulada, non unha enorme protuberancia que case cruza a cara, de cor negro e tan groso que podería aniñar unha andoriña nel!
E sen embargo é o anuncio que máis sae… Ou o PEST REJECT o aparato eléctrico que acaba cos bichos da tua casa, “como incorpora a tecnoloxía dos ultrasons acaba tamén coas moscas e mosquitos sen productos químicos” e sae entre outras secuencias unha mulller fumigando con cara de asco e un flis matamoscas uns pasteles enriba da mesa. Neste caso sen embargo está claro que a esa muller sí lle fai falta o aparatiño, se non o compra que llo regalen porque ten unha tendencia a envelenar á familia como siga así…e de paso que lle regalen un tuperware para meter os pasteles se pode ser…

Supoño que este tipo de publicidade ía inicialmente dirixida ás mulleres, con potas, coitelos… e cada vez proliferan máis os dirixidos ós homes, pesas, material de gimnasio, de pesca…o certo é que xa se anuncia de todo, desde faixas ata seguros. Calquera día o xitano da feira modernízase e sae tamén: -señora señora 2 bragas 3 euros barato barato… y se las envío a casa por 20 euros! enga payo comprame algoo…

jueves, 2 de septiembre de 2010

UN POUCO DE LITERATURA

Co fin de diamizar esta sección, cambioa temporalmente de lugar neste blog para achegarvos nesta ocasión a un lalinense digno de mención. Destaca musicalmente, dá clases, concertos…e como non ,escribe dunha forma xenial. A proba , a continuación, anque non é o artigo periodístico concreto que eu buscaba ,¡vale a pena!.

A BELA SOBANTE por Iago Mouriño

“…Este é un deses contos que non hai por onde collelo. A cousa comeza p or unha velliña, para mais INRI bruxa de profesión, que se cabrea porque non a invitan ó bautizo da filla do rei inda sendo prima segunda da criatura por parte de pai. ¿Pero como non a ían invitar? É unha cuestión antiestética. Non vas meter unha señora vestida con farrapos, de nariz verrugoso nunca reunión monárquica, non cadra…
A señora como era de esperar agarra un cabreo bestial, e no canto de falar coa familia, ou demandar ós pais, ou incluso vendo o abolengo parental no que viven, de vendela exclusiva; o que se lle ocorre facer e ensañarse coa criatura. E en vez de ir ó facil e quitarlle o chupete, poño por caso, o que fai e armarlle unha maldición. Pero ¿faina fríxida? ¿elimínalle o sex appeal?. Tampouco. Condénaa a picarse (un momento,¿ quere que se convirta nunca ionqui?) co fuso dunha máquina tecedoira anos despois. Cando coincida. Que tampouco é que a obrigue.

Os anos pasan, iso quere decir que os relatos infantís non son biografías nin triloxías épicas. Ou pasa algo interesante ou salto temporal. Para que se fagan unha idea do salto temporal, diremos que agora a princesa ten idade legal para presentarse ó certame de Miss España, ten unha longa cabeleira rubia (¡que manía coas cabeleiras rubias! Para min que Perrault, Andersen, e toda a vaina eran vendedores de tinte), mide metro oitenta e pasease con gracilidade polos xardíns do seu pazo mentres os xornaleiros queiman o corpo ó sol e pasan por onde sabemos a gracilidade da súa maxestade. Abreviaremos dicindo que se converte nunca versión fantasiosa se Claudia Schiffer.

Por suposto, con tales condicións físicas é facil deducir que a princesa é imbécil. Porque, que alguén mo explique, se tan ben estaba no seu pazo,que redemo foi pintar á casiña da vella que a maldicira. Deixa que a velliña cosa en paz, coño. Deixa o fuso tranquilo. Non andes aí… Ademáis de imbécil terca como unha mula. Se no fondo non pinchou pola maldición, senón porque o tiña merecido.
A bela durminte caeu fulminada por un sono que durará cen anos. Vai quedar guapa a cama sen cambiarlle as sabas todos eses anos. A saber o que levaba o fuso da tecedoira para meterlle semellante colgue. Novo salto: pasan cen anos de golpe. Sacamos de conclusión que a evolución histórico-social importa un carallo nun conto infantil. Imaxinen que comeza a durmir a finais do século XVI. ¡Comeza a revolución francesa e ela durmindo!¡Abren a Bastilla e ela durmindo!¡Iníciase a Revolución Industrial! … Kant escribe "Crítica á razón pura"! ¡E ela durmindo!

Por fin, un príncipe desesperado (máis que nada porque hai que estar tremendamente mal para ter que espertar a unha tía que leva cen anos tumbada) decide tomala iniciativa. Fai unha reunión de príncipes azuis anónimos e falan para ver que medidas se poden levar a cabo. Un dos novos socios da organización toma a palabra. Parece ser que estudiou as reaccións de dous dos seus compañeiros, en concreto, do que espertou a Brancaneves e do que convertiu a unha ra en princesa; e despois de varias conclusión escribíu un libro titulado: "Os poderes terapeuticos do bico ou bicoterapia. Teoría e práctica" que se convertiu rápidamente nun best seller na sección de libros de autoaxuda. De modo que pode asegurar que cun bico espertará a princesa.

Ó príncipe non lle queda outra. Vai ata o pazo. Tal e como está aquello ten que desbrozar todo a golpe de espada. Por fin consigue entrar, e atopa o cuarto da rubia sobante. Tarda evidentemente un par de horas, se temos en conta que o pazo ten unhas 200 habitacións, cociña, salón ata onde chega a vista e corenta cuartos de baño. Que digo eu. ¿Qué pozo negro ten espacio para albergarlas descargas de tanto lavabo? Ou en todo caso ¿Por qué medraron tanto as plantas do xardín en cen anos?. Pensen o que queiran. Pero coincidirán conmigo en que por algún lado ten que albergar un desaugue.

Total, que o bo do príncipe entra no cuarto e pégalle un morreo á princesa. E dacordo que leva cen anos sen comerse un rosco e que o normal sería que agora caera rendida ante o seu príncipe.
Pero non. Manda ó príncipe a tomar polo carallo porque por árbore xenealóxica é o seu tataraneto. Sae do pazo. E cae ós brazos do seu amor verdadeiro.
Aquel que leva un século agradando. O cobrador do frac. ¡A ver se pagades dunha puta vez a factura do bautizo!

sábado, 21 de agosto de 2010

VIdeo ARREPIANTE do mes

Nesta ocasión poño tan só un...que xa é completiño a bondo jiji...ademais a ver se así o vedes enteiro que non ten perdida...eo final...apoteósico...

Este artigo ten un fin...que é estudiar os posibles traumas que este tipo de videos musicais poden causar...que poucos non creo que sexan.... Ademais a miña fonte é a television, polo que se emiten para todos os públicos...

Non sei que é peor se a letra ou o vídeo ¿vós que creedes?


lunes, 16 de agosto de 2010

MAis SERIES MíTICAS

Sen ánimo de me repetir ...pero creo que me quedaron moitas series no tinteiro...
DAWSON CRECE
Esta foi unha serie curiosa, de gran éxito,coma sempre adolescentes e os seus problemas e amoríos,pero eu recordoa como a única serie na que o prota é feo de carai, que apesares de cambiarlle o peinado varias veces as entradas cantaban que tiña case os 30...pero inda así...











funcionou ...







MACGYVER

Encantábame...debería reeditarse....

e claro non podemos pasar sen nombrar os mitiquísmos EQUIPO A...que creo que ninguén se libra de haber visto algunha das súas aventuras...



.



e tamen o COCHE FANTASTICO!!



que lle deu a pasta suficiente ó Hasselhoff ou como se escriba...para producir e protagonizar os VIXILANTES DA PRAIA que inda duraron unhas cantas temporadas...e coa pretensión de subir a afluencia de visitas e comentarios poñerei fotos das protas...aer se funciona jajaja



E terei que poñer algunha española...estiven pensando en farmacia de Guardia ou Médico de familia pero como o conto vai de adolescentes mais ben...citar COMPAÑEROS que moi adolescentes tampouco eran....

martes, 3 de agosto de 2010

grandes celebracions de goles!!!

vai ser un artigo demasiado recurrente porque todos vemos as noticias....pero sempre hai alguén que descoñece certos vídeos. Espero que vos gusten!!!