lunes, 28 de febrero de 2011

TRISTÁN E ISEO

Tristán era un fornido cabaleiro, valente e tamén poeta que xamáis perdía unha batalla. De ahí a súa alianza co rei Marc de Cornualles para conquistar novas terras.Un dia unha andoriña deixa caer ós seus pés un mechón de pelo rubio, e él promete casarse coa propietaria cando acabe o seu pacto con Marc, namentres as batallas continúan e chega a Irlanda co fin de conquistala e que o seu patrón se case coa filla do rei...así ocorre, o que nun principio non sabía era que esa moza era a dona daquel mechón... Chamábase Iseo (Isolda ou Yesult) (a filla do sol), con esvelta figura, calidez no seu ollar e un cabelo tan loiro e radiante como os raios do mesmo astro rei.
A pesares do matrimonio co rei Marc, Iseo e Tristán namóranse convertíndose en amantes... cando o rei os descubre desterra a Tristán dos seus dominios e a pesares de casarse con outra muller segue tolo de amor por Iseo. Cando o guerreiro está a piques de morrer manda que lle traian a Iseo como un último desexo, dinlle que o barco que a foi buscar retornou con velas negras, o cal significa rexeitamento...entón falece. Pero non era certo, Iseo chega, e acaba morrendo de pena ó lado del.

Esta é unha lenda de orixe celta, dise que está basada nun personaxe real da historia celta. Aquí asimílase a Tristán á lúa, (nalgunha outra versión dise que morrería se non puidese ter relacións con Iseo) recordemos que o calendario celta era lunar,. E Iseo sería o sol.Na linguaxe celta lúa é masculino e o sol feminino.

lunes, 21 de febrero de 2011

O LAGO DOS CISNES

Debido á publicidade excesiva da peli Cisne negro ocorreuseme facer unha memoria sobre o famoso ballet "O Lago dos Cisnes" que un pouco de información xeral nunca ben mal...
Trátase do ballet máis coñecido estrenado en Moscú no 1877 coa musica de Tchaikovsky... o argumento é unha historia chea de amor e maxia na que se mestura a eterna loita entre o ben e o mal...
No primeiro acto, celébrase o vixésimo cumpreanos do príncipe Sigfrido e a raíña obrígarao a escoller esposa no baile real, o pobre agobiado pola presión sae a tomalo aire e queda engaiolado pola fermosa estampa de cisnes salvaxes sobrevoando o lago do xardín. Alguén suxire que o príncipe se desestrese indo de caza... E así o fai.

Aquí comeza o segundo acto: o principe segue ós cisnes ata a o lago e ó apuntalos coa súa ballesta... pero nese momento de entre as árbores surxe a muller mái fermosa que xamais viu, de nívea e resplandecente pel, cun vestido de plumas...a muller comeza a tremer e medio case se desmaia co medo... Él promete non dispararlle se lle di o seu nome. Odette. A raíña dos cisnes. A cal lle conta que o lago está feito das bágoas que derramou a súa nai cando o bruxo a convertiu en cisne. E seguirá sendo cisne a non ser que entre a medianoite e o amencer (momento no que os cisnes se convertenen mulleres) un home a ame e se case con ela...
Sigfrido apoia as mans no seu corazón, dille que a ama, que sempre lle será fiel... para casarse ela deberá ir ó baile onde él ten que escoller esposa. Pero ela non pode ir pois se o bruxo a descubre acabará con ela...
Terceiro acto: o baile comeza, Sigfrido melancólico, non deixa de pensar no claro da orilla do lago e en Odette...Debido as presións de súa nai ten que bailar cas mozas presentes. Un tétrico home maila sua filla Odele irrumpen disfrazados na cerimonia coa idea de seducir ó príncipe e que éste rompa a promesa feita a Odette o príncipe pensa que se trata da súa namorada e deixase seducir...


Acto cuarto: Cando se da conta do engano ó ver a Odette ó lexos é demasiado tarde, acude á beira do lago e pídelle perdón ,anque xa está, non hai volta atrás... o malvado bruxo aparece e Sigfrido mátao como vinganza...xa que o feitizo era irrevocable os namorados adéntranse nas augas do lago onde permanecerán xuntos por sempre...

(anque o final ten varias versións...e a película non relata esta historia podédela ver igual...)

sábado, 19 de febrero de 2011

UN POUCO DE LITERATURA

Nesta ocasión achégovos a carta de amor gañadora no último certame de San valentín de Alfonso joyeros...porque a escribíu unha coñecida nosa... a ver que vos parece:

"Querido Manuel :
Agora que xa non me quedan máis bágoas que chorar, agora que o tempo me ensinou que por máis que me doa non vas volver , agora que este meu corazón se sente mais só ca nunca, agora …dende a distancia que só a morte foi capaz de poñer no noso camiño dígoche que este amor que crimos perfecto, este amor que fixo que en cada beso, en cada abrazo, en cada sorriso nos namorásemos moitas veces cada un dos días que caminamos xuntos, este amor : ó deixarme fíxose máis grande, máis forte e sobretodo máis fermoso.
Recordo claramente o día que o doctor nos comfirmou o cancro que te estaba arrebatando do meu lado e ti miráchesme con eses imensos ollos verdes e sorriches como se soubeses que “ese negra sombra” ,como ben dicía Rosalía , non fose un atranco neste amor e agora podo dicir que te entendo porque vivimos cada día como se fose o último, como se fósemos uns eternos adolescentes e aínda cando a quimioterapia te deixaba sen forzas non tiveches nin un só lamento, nin unha triste queixa senón que só dabas grazas ó destino, a Deus ou vai ti saber a quen ou a que, por poñernos a un no camiño do outro.
Aquel día de Agosto no que partiches,chorei…chorei como só se chora cando te quedas vacía por dentro e así sigo, botando de menos os ronquidos cos que amenizabas as miñas noites, a pasta de dentes aberta cada vez que a usabas, a bolsa de cereais que só ti eras capaz de comer, as tardes de peli e palomitas os fins de semana que chovía, o teu olor a after save que tanto adoraba, as túas pachangas ó fútbol con Samuel( ai… acordaste cando era pequeño?, sempre dícías: este vai ser guapo coma seu pai aínda pero espero que con pelo! Que pouco engañado estabas:é igual ca ti!), e que dicir daqueles ridículos disfraces que te poñías sempre por carnavais ou cando Lara se sentaba ó teu lado para contarche o último en “cotilleos do cole“( que gracia me facías: ti que eras a persoa menos cotilla que coñezo eras capaz de escoitar a túa filla como se che se fose a vida nelo)… Canto te botamos de menos pois non só desfrutamos contigo senón que desfrutamos de ti que aínda parecendo o mesmo non o é.
Quizais esta carta non sexa como tantas esas outras que esperan unha resposta , a min só me queda imaxinala e de paso sexa dito non a necesito porque xa a sei… sei que me dirías aquilo de: Nena, cando non estea pensa que mellor chorar recordándome que o non sentir nada de non habernos coñecido nunca.
Por último decir que só por ti seguirei desfrutando desta vida, destes nosos fillos que agora me necesitan máis ca nunca, farei de Nai e de Pai, suplindo como poida ese amor que nos deches e o día que me toque a min pasar a ese outro lado volverei a ser Eu, a sorrir de verdade…a gran paradoxa será que a miña morte non será tal, será: volver a vivir!
Esta pequena que por ti foi grande."
Alicia.

lunes, 14 de febrero de 2011

ACTUALIDADE?!

O tema da semana é a Gala dos Goya, tres pedazo horas de numerosos premios, categorías habidas e por haber e discursos... e no fondo ten máis notoriedade a indumentaria dos asistentes e se Bardem di o nome do fillo que a propia cerimonia de celebración do cine español… Anque non a vin enteira,( nin sequera Buenafuente puido facela digna de ver) sí deixei a tele posta mentres vía un capítulo de algo máis interesante por internet… e é que o máis interesante do acto foi o debate : cine vs internet…que para uns é a morte do cine e para outros internet é o futuro… ¿vos que credes?


Acabarán desaparecendo os cines por mor da pequena pantalla informática?complementaranse? Coexistirán ambos?....

sábado, 12 de febrero de 2011

O MUNDO DAS MULLERES!!

Se nos preguntamos que entendemos por sociedades matriarcais, haberá quen responda que son aquelas nas que gobernan as mulleres, outros dirán que son nas que as mulleres son as que heredan, ou nas que gobernan o ámbito doméstico e a distribución dos alimentos e dos bens… É un pouco borroso todo o que rodea este termo, pois hai quen sostén que nalgún momento existiron estas sociedades debido a que as mulleres posuímos o don de dar a vida… tamén se sostén que na amazonia brasileira os primeiros grupos sociais obedecían á organización das féminas, pero que os homes as desposuíron deste poder polo seu comportamento tiránico…

O certo é que este é un tema debatido por científicos, sobre se hai ou non evidencias ó respeto, os “yamana-yagan” celebran a “Kina” , unha ceremonia para recordar a superioridade feminina, por ser éstas as que empezaron en remotos tempos con esta celebracións. Os “onas selk’nam” teñen outro acto desta índole chamado “Hain”, semellante á anterior, na que non se permite que entre ninguna muller á mesma, xa que as mulleres gobernaron mantendo ós seus homes na subordinación e o medo, ata que descubriron de onde proviña o seu poder e decidiron arrebatarllo…

OS MOSUO

A tribo dos Mosúo, situadas no Tibet oriental, goza dunha organización matriarcal dende hai 2000 anos. Como viven nunha zona aislada isto beneficiounos e protexeunos de guerras, loitas de poder, e de contaminarse de outro tipo de organización. Os sociólogos falan dun matrimonio ambulante onde era típico que os homes morreran na batalla, se meterán a monxes budistas con voto de castidade ou viviran nómadas… En estas condicións as mulleres vivían xuntas ocupándose das labores agrícolas e da descendencia. Viven dacordo cuns códigos onde non entra a violencia, de feito na súa lingua non hai euivalente para os termos guerra, violación, asasinato… A herencia transmítese de nai a filla, polo que na rexión non hai homes con casa propia. Os cales por certo traballan moito menos ca elas, pasan o tempo reunidos e apenas teñen responsabilidades anque si aprenden un oficio como pescadores ou ebanistas.

A matriarca organiza os bens do clan, dispón tarefas, ocupase dos asuntos da sociedade…Non é unha xinecocracia porque as mulleres non obstentan un poder político senon familiar, as labores políticas, neste caso orde social e portavoz da comunidade sí o delegan nos homes; nesta reciprocidade é onde está o equilibrio.

Cando se lles pregunta a eles o porqué da súa organización responden “ son moito mais capaces e moi boas administradoras!”. Non existe o matrimonio como tal , e a familia consta da nai, as fillas e fillos e o único home relevante podería ser o irman da nai. Moitos dos membros da comunidade non saben quen é seu pai, pero tampouco lles importa. Asique os pais seguen na casa familiar coas súas respectivas proxenitoras axudando a criar os fillos das irmás. Pero que non vivan xuntos non significa que non haxa amor, senon que os homes desempeñan dous papeles: tío no clan propio ocupándose dos sobriños e non ten ningún papel na casa da súa amada, mais que entregarse á paixón .

domingo, 6 de febrero de 2011

UN POUCO DE LITERATURA

OS HEAVIES E AS POETAS

Por María do Cebreiro

Ao remate dun recital, un xornalista espétame: “Os heavies e os poetas sodes os últimos inocentes deste mundo”. Nunca tal eu pensara, e iso que sempre me prestaron moito os heavies. Inspírame confianza a xente que responde á dureza das cousas armándose de dureza, desde o nome até o coiro. Teñen a sensibilidade dos que precisan responder ás agresións. Teñen conciencia grupal. Non son submisos. Para os demais, cadeas e reloxos. Eles non van á moda, por iso teñen aínda o corazón de ouro. Os poetas, en cambio, habiamos levar máis ferro ao corazón. Parada como quedei despois daquela arroutada, non fun quen de responder que non debería haber cousa menos inocente que un poeta. O profesor Antón Figueroa, referíndose ao campo cultural, fala adoito do “mito da inocencia”. Os mitos dan lugar aos prexuízos. Os prexuízos impiden coñecer. Alguén di “leliadoura”, e o lector, con bo tino, conclúe “plátano es”. Os poetas adoitan deixar as frases en suspenso e os poemas, xa se sabe, son cousa moi ambigua. O plátano vén das Canarias. En Canarias é unha hora menos. En Galicia perdemos luz por culpa do cambio horario.

(Isto non é poesía).

Conclusión: a cultura come e dá de comer en boa medida grazas á implantación social do mito da inocencia. Que boa xente, os artistas. E os poetas, eses xa son o máximo. Escriben con metáforas. Eles, menudo estilo. E elas, tan estilosas.

Hai moitos xeitos de perder a inocencia. Todos son bos. Algúns mecanismos de lexitimación son tan visíbeis que case non é preciso denuncialos. En cambio, adóitase ignorar a presenza efectiva (e por sutil, se cadra, dobremente efectiva) de modos de intervención máis inmediatos. Como se escribir públicamente non fose xa un xeito de exercer o poder. A linguaxe tamén é violencia. Sempre que se abre un turno de palabra, outra persoa deixa de falar. A alternativa, quizais: non escribir para que nos escoiten, senón para que nos respondan. Non creo que o poder sexa malo de seu, e Foucault demostrou que vén de abaixo, hipótese que convida a exercelo até arriba. Non somos inocentes, as poetas, e non é mala cousa. A vida é complicada, e a vida cultural non é unha excepción. Todos temos intereses, pero non todos os intereses son iguais. Quizais cumprise comezar por distinguir entre os públicos e os privados. Entre os persoais e os colectivos. Para poder quedar, hai que asumir que estamos. Que non se nos xulgue pola presenza ou ausencia de estratexias, senón polo sentido das nosas estratexias. O que facemos ou deixamos de facer non será cabal na medida en que careza de propósito, senón na medida en que o seu propósito sexa máis ou menos cabal. Deámonos o luxo de ser obxectados públicamente polo que procuramos, e non só polo que facemos e dicimos. As cousas moitas veces non son o que parecen. Para poder saír do reino da opinión, habería que comezar por dicir, canda Montaigne, “o que eu opino non dá a medida do mundo, senón a medida do meu entendemento”. O mundo é ancho e alleo. Do entendemento, en poucos casos podemos dicir que é propio.

Fagamos o posíbel por que non sexa estreito.

Infoxove número 3, xullo de 2006

jueves, 3 de febrero de 2011

TODO QUEDA NA CASA

O outro día vin un documental sobre a endogamia, e pareceume interesante. Incluía a historia de varias persoas e parexas… Esto está estreitamente relacionado coas adopcións pois todos os emparentados que contraían unha relación medraran separados, en familias distinstas e por unha razón ou por outra os seus camiños cruzáranse e namoráranse. De ahí a necesidade de saber de que familia procedes e se es adoptado ou non pois pódense evitar certas complicacións.

Non lembro a porcentaxe pero ó parecer hai un gran número de parexas en estas situación, teñen asociacions de apoio, foros…

Un dos casos que aparecía era o dunha parexa medianamente xoven, que vivira un apaixonado amor e ó descubrir que estaban emparentados romperan, pero xa era tarde porque ela estaba embarazada, tivo o neno e seguen mantendo contacto con certa frecuencia, anque estén separados e non conseguirán refacer a súa vida, recoñecían que ainda seguían namorados a pesar de todo, e qu nunca ían ter unha relación tan plena con ninguén.

Falaban da Atracción xenética como aquel fenómeno no que persoas con xenes en común se ven sexualmente atraídos,esto foi obxeto de estudio tamén cunha porcentaxe eleveda de que isto se cumple en moitos casos. Xustificándoo en que persoas con gustos, carácter e aficións comúns que medraron en familias distintas unha vez que se atopan sen saber do seu vínculo, se sinten identificados un co outro…o cal me pareceu un argumento algo pobre en comparación co resto das afirmacións aportadas…

Outra das parexas prefiríu seguir coa relación eran irmáns e estaban pensando en adoptar pois tiñan claro que non ían ter fillos propios e arriscarse a que non nacesen sans.

O caso que máis abraiada me deixou foi o de un pai mais a filla, ela sabía dende o principio que él era seu pai anque non tivera moito trato con él e non o vise como tal, ambos recoñecían que a atracción fora mútua dende o primeiro momento. Tiñan 3 ou 4 fillos de distintas idades, todos aparentemente sans. Pero as familias de ambos opúñanse á relación e denunciáronos ás autoridades, detivéronos e sacáronlles os fillos acusándoos de incesto. Finalmente todo quedou en nada, e ós poucos días a familia reuníuse de novo no seu fogar, xa que non os podían acusar máis que de endogamia e isto non se tipifica como delito. O cal é certo, non se tipifica como delito, pero por exemplo no noso país sí se recollen normas aisladas que prohíben en certa maneira as relacións matrimoniais entre parentes coma no código civil, que tanto se limita ós parentes consanguíneos coma ós afíns ata o 3º grado.